segunda-feira, julho 07, 2008

O noso LIBRO na rúa!

Aínda non o tes? A que esperas?!

Depósito legal: VG543-2007 .. P.V.P.: 10 €

A Porta Verde do Sétimo Andar

Foto: Begoña Miguélez

De esquerda a dereita: Luís Viñas, Minus-bálido (A.Rodríguez), Manolo Pipas, Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Abilio Rodríguez, Rosanegra (Rosa Martínez) e Alberte Momán

9 xeitos de traspasar a porta da poesía.

9 olladas que indagan na paixón, no cotián, na memoria... creando espazos para recuperar o poder revelador da palabra.

9 voces contemporáneas que nos conducen polo universo polimorfo do poema. Abrir a porta verde do sétimo andar é entrar en 9 mundos poéticos posibles e diferentes. Adiante, a porta está aberta!

Pódese mercar en...

Galería SARGADELOS Vigo (Urzáiz, 17)

A Cova dos Ratos (Romil, 3 - Vigo)

Libraría CARTABON (Urzáiz, 125 - Vigo)

Galería SARGADELOS Ferrol (Rubalcava, 30-32)

Libraría Limiar (Venezuela, 33) Ultramar – Ferrol

Libraría Torga (rúa da Paz, 12) Ourense

Libraría Internacional (Capitán Eloy, 8) Ourense

Local Social a esmorga

(Telheira, 9 - Zona Universitária) Ourense

Libraría Eixo (Cardenal Quevedo, 36) Ourense

Centro Social Gomes Gaioso

(rúa marconi, 9 Montealto - A Coruña)


Ou tamén contactando con A Porta Verde:

e-mail: aportaverde@gmail.com

8 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa irmás/aos

a21

a porta verde do sétimo andar disse...

Moitas grazas!!

Anónimo disse...

Animo e a ver se vos convertides en "bestsellers". As palabras están ditas. Apertas para todos.

Anónimo disse...

A verdade que está xenial, o que pasa que debía resultar máis fácil de conseguir. Supoño que se nota cando detrás non hai unha industria poderosa. Ten moito mérito. Animo e parabéns!

a porta verde do sétimo andar disse...

Agradece os parabéns e as palabras de ánimo que nos dedicades amigos.

reineta disse...

haberá logo que o mercar pra ver como o facedes. Coñecinvos hoxe de casualidade pero estou entusiasmada e quero comprar o libro xa. avisai se facedes algún recital ou algo, seguirei espreitando por aquí a ver que se coce.

saúdos!

asbeirasdoarnego disse...

felicidades moito traballiño vos debeu costar... non sabía eu deste blog está ben, descubrinte porque parece que estamos xuntos na Xuntanza de Agolada se queres visitalo meu blog é
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Cuspedepita disse...

Mirade o voso correo :-)Deixeivos unha mensaxe.