O mar é moi importante para a cidade de Vigo, por el entra moita riqueza. Pero por desgraza, tamén é un gran descoñecido para as novas xeracións. Por iso esta visita guiada polo porto, intenta ensinar que o MAR é unha fonte incalculable de materia prima que debemos coidar e protexer.
Da súa saúde dependemos todos, temos unha conta pendente coa nosa nai natureza.
Só temos un planeta terra non o esnaquicemos pouco a pouco. Temos que concenciarnos de que non se pode emporcallar o mar nin a nosa cidade... co tempo todo pasa factura.
rosanegra
rosanegra
Sem comentários:
Enviar um comentário