sábado, junho 02, 2007

A bela Otero, unha sobrevivente











Agustina Otero Iglesias naceu o 19 de decembro de 1868 en Ponte Valga (Pontevedra)
Foi violada cando tiña uns 10 anos, provocándolle importantes desgarres internos que a deixaron estéril. O violador conseguiu evadir a xustiza fuxindo para as Américas. Este feito traumático marcouna tan fondamente que renegou do seu pasado e da súa terra ata o día da súa morte.
As notorias aptitudes que tiña para o baile e a danza fixo que quedase na historia como unha das raíñas da Belle Époque. Comezou no cine cando este daba os seus primeiros pasos. Foi unha pioneira. Grazas ao seu tesón e a axuda de diferentes mecenas e amantes, Agustina alumeou con luz propia no teatro e o music-hall da súa época.

Carolina Otero ( nome artístico da galega) reivindicábase nos escenarios como andaluza. (...) Se ve a la Otero mover graciosamente brazos y piernas al compás de un aire andaluz, sonriente, provocativa... A Bela Otero enfeitizou aos homes daqueles anos, ata o punto de batérense en duelo ou suicidarse por ela.Viviu unha intensa vida amorosa. Paseou a súa beleza e a súa danza polo mundo adiante.

Faleceu arruinada en Niza no 1965 a consecuencia da paixón que tiña polo xogo.

É un feito, que ás veces a muller, para acadar un lugar na sociedade, ten que conseguilo a través dos seus atributos de femia. Moitas veces, máis das que debería, só vese na muller un corpo desprovisto de mente, que hai que manipular.
Seguimos nun mundo cun alto índice de virulencia machista, no que cada día, seguen caendo mulleres debido á violencia de xénero.
Por tanto, a Bela Otero foi unha muller que conseguiu nun tempo aínda máis adverso, facerse cun lugar nun espazo dominado polos homes. Foi unha sobrevivente.

Cruz Martínez Vilas

Sem comentários: