sexta-feira, setembro 08, 2006

POUSA, POUSA

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire, ........ (bis)
e como é cousa de encantamento,
fun polo aire e vin polo vento.

E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa, .... [estribillo]
e pousa, pousa axiña, ....................... (bis)
e non me toques naquela cousiña.

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas. .... (bis)
Iso é verdade i eu non o nego
que eu andiven na noite co crego.

[estribillo] ... (bis)

Cando me case, xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo. ..... (bis)
Cando me case, xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo.

[estribillo] ... (bis)

Á miña casa non quero que veñas,
sempre me fodes e nunca me preñas.
E pousa, pousa ,pousa,
e non me toques naquela cousa...
.
(canción popular galega)

............... *** *** ***
O galego cando canta
se non está fodido, pouco lle falta.
..................... (tíoTeis)

2 comentários:

Anónimo disse...

Paréceme boa idea que poñades cancións típicas galegas. Deberíades facelo máis a miúdo

Anónimo disse...

moitas grazas amiga por visitarnos,
é bo saber que acertamos e poidemos compracerte, agardo que sigas abrindo a nosa porta.