quinta-feira, setembro 21, 2006
OSMOSE
V
As estrelas sorrín na noite escura e plena do bienio final,
a nena famélica dorme na pequena cadeira de brazos do antonte.
Son un ensaio nunha probeta eternizada, sinto que coma
un grande edificio estou estruturada pola nada.
Os meus cimentos non teñen suficiente base para soportar
un sismo que remova todo o meu interior.
Xa que estou edificada na presa dos tempos perdidos,
o equilibrio osmótico entre o ser e o non ser
non segue as regras formais. O ácido–base revélase
por pintar esquemas piramidais, son unha obra
a punto de derrubarse para crear un caos
de tixolos terreños que lindan invisibles
na terminal do meu terceto. Son unha vivenda
alicerzada na inseguridade e melancolía
de centos de anos imperecedoiros e nostálxicos.
Son OSMOSE... o equilibrio osmótico
entre o mundo onírico e o mundo real.
rosanegra
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Viva OSMOSE! E todo isto xermolou dunha rosa negra. Isto é boísimo. Isto é unha nova era. Encántame. Parabéns!
Graciñas Alfonso!
As túas palabras animan as miñas ansias de escribir. Unha aperta
Enviar um comentário