PRESENTACIÓN-RECITAL en Madrid
de
A Porta Verde do Sétimo Andar
.
Sábado, 9 de Abril ás 20:00 h.
na Librería La Marabunta (C/ Torrecilla del Leal, 32, Lavapiés, Madrid)
. . Alí estaremos pois na libraría La Marabunta, no madrileño barrio de Lavapiés, da man da compañeira Ana Cibeira, para falar do noso espazo colectivo e presentar as últimas publicacións de A Porta Verde: "Sétimo andar, poesía alén" e o poemario "DE CASTRO" que abre a publicación periódica semestral dos Cadernos Q de Vián. O acto completarase cun recital colectivo. E aproveitaremos tamén, como sempre, para compartir experiencias e novas iniciativas con persoas e colectivos do lugar, para non perder o costume! Así que o convite é tamén para todas as persoas que queiran achegarse! A porta está aberta! Será un pracer!
. Ademais, outra das novas importantes é a inminente publicación de Pintalabios, o primeiro libro de poemas de Ana Cibeira, que acollemos con grande entusiasmo! Edita Toxosoutos. Ficade pois atentos e atentas!
Ana Cibeira titula este libro Pintalabios, como unha chamada de atención sobre o que perdeu xa a categoría de excepcional revisando, a un tempo, o seu simbolismo, máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Válese así dos tres elementos precisos para realizar o ritual: lapis, pintalabios e algodón - que son tamén as tres partes-materia en que se organiza o volume - e converte ao xesto nun deliberado reclamo sobre a boca, ese vestíbulo do corpo polo que entra o alimento e saen as palabras, o territorio macio onde interactúan en forma de beixo dous seres, o “cálido fogar/ aberto rabuño na carne/ delicada ó sul da face” - como fermosamente escribe a autora - que nos permite o sorriso, se contrae na dor e censura o pranto.
(do limiar de Teresa Seara) ..
2 comentários:
que marabilloso foi que estiverades aquí. Que esteades! graaaazas e por moito tempo!
Querémoste Ana!!!
Enviar um comentário