domingo, novembro 28, 2010

A MIÑOCA - Manolo Pipas

.
memoria da miñoca

con papel e boligrafo
escribo no parque da miñoca
e aquí ao lado as veces
tamen publico neste soporte
desde a cafeteria do ventanal
sobre o propio parque

escribo no mesmo espacio fisico
onde hai quince anos ainda
plantabamos millo xudias cabazos
onde de cativos colliamos tritons
e apañabamos grandotas moras
e daqueles campos so fica unha arbore
o gran platano e a base do tronco
dun amieiro que secou e cortaron

os lugares do camiño da mina
o xuncal o camiño dos pozos
e tantos campos que tiñan
miles de chiquitas miñocas
.
no tempo dos magostos
.
a miñoca
.

a miñoca
é un animal pequeniño
animal pequeniño
pequeniño
iño

a miñoca
deste estraño parque
é un posible animal mui grande
ésta da foto é unha posible miñoca esculpida
que esconde parte da sua inmensa xigantesca medida

novembro de 2010

Sem comentários: