.
SENTENCIA
Encolliches,
es un monstriño tenro
que dá voltas nesta hora
no remuíño maino do meu café,
nese raro xirar de zurdo redireccionado.
Afogarás
terás unha morte doce,
no fundo agarda ese lodo,
un pouso derretido de azucre moreno.
.
do noso libro "Sétimo andar, poesía alén"
.
2 comentários:
Foder, que bo meu ! Xa tardo en baixar o libro... un saúdo dende a diaspora !
Moitas grazas, Antón! A verdade é que fica un co espírito cheo de ledicia! Saudiños e apertas para alá pois! ;-)
Alfonso
Enviar um comentário