sábado, maio 29, 2010




Son como unha árbore
baixo un ceo fuxitivo
que non se deixa amar.

Por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe...!

Dende o outeiro que me viu nacer
agardarei o amencer con ollos de neno
e amareite coa forza do mundo.

Encerellado na terra
treparei polos teus brazos de ar
até acadar unha morte
que ó cabo, me transporte lixeiro
como cinsa, pero cinsa namorada
polo teu corpo imposíbel.

Meu amor, meu ceo fuxitivo,

por máis que medran os meus versos
estás sempre tan lonxe…!
.
Miguel Ángel Alonso Diz
.

Sem comentários: