quinta-feira, setembro 03, 2009

esperta

déixate levar,
os sentimentos
mudaron,
agora en ti
só medra o urbanismo,
as pombas perfilan
os tellados,
déixate levar,
queres e non sabes espertar,
contarei ata tres,
cando toque a túa fronte
coa miña man,
espertas,
oxalá podas facelo,
non é máis complicado
que vivir,
non é máis complicado
que pronuncialo teu nome,
déixate levar,
agora esperta,
mira as pombas,
levan nas súas ás
os teus presentimentos,
abre os ollos,
déixate levar,
deixa que esquiven os tellados,
colle a mensaxe
que traen para ti,
abre os ollos,
déixate levar,
non é máis complicado
que vivir,
non é máis complicado,
que pronuncialo teu nome,
oxalá podas facelo.
Enrique Leirachá

2 comentários:

Anónimo disse...

Unha consulta?.Poesía hipnótica como diagnostico?,dende logo unha grande honradez.
Gracias,

Anónimo disse...

Querido que fas aquí?. Tes. o teu blog que ferve iso de facer crible o que escribes, e as veces o que espetas e facer que entremos polo aro moito da de si, moito de nos e moito de ti.
F.C.de león.