quarta-feira, dezembro 03, 2008

a modo

ti abríasme.
e eu entraba
dentro de ti
ata viaxar
polo teu universo
o tempo xusto,
para repousar
no tedio
que incita a volver,
sempre coma
se fora a única
vez.
para volver
a desexar viaxar
polo contorno
interior do teu sexo,
adheríndonos
como a calor
a chama do lume
e a brancura á neve,
nun silencio
entre cortado
so por todo
o que se di a modo
cando tanto se sinte,
como unha única flor
que florece
para logo falecer.

Enrique Leirachá Gutiérrez

1 comentário:

Anónimo disse...

Oes achégome aquí dende o blog do autor do poema, que tío, non sei de onde saca tanto da cabeza, xa o lin no del, con todo aquí ten outra cousa parece que ven do estranxeiro, vos tamén tendes lucimento dabondo a verdade, esta ben, agora non teño moito que facer podo ir ao cibert e viaxar pola rede, faloume unha amiga do blog deste pavo e xa che digo, estou parado e ti cres que despois de léelo e volvelo a ler impórtame moito estar así.
Chau e a seguires adiante campións.
Un parao.