sábado, março 01, 2008

significando

gostaba máis do mundo cando os absolutos tiñan sentido,
cando as palabras significaban por ser pronunciadas,
e un sempre valía toda unha vida máis alá do tempo.

as etiquetas existían sen dúbidas,
sen necesidade de escapar delas porque non eran mal ou ben,
simplemente eran.

as operacións realizábanse coa lentitude das estacións,
e a rapidez do clima,
pero non tíñamos que morrer en vida mil veces
para entender-nos.

boto de menos o tempo en que as bágoas tiñan un valor,
e os oídos escoitaban atentos as propiedades da ialma
no que ser filólogo non era máis que ser poeta,
e o coñecemento era só ser sabio.

os dias nos que sentados diante do espello,
peiteabamos o pelo para ser parte da comunidade.

agora,
no século en que todo é posible,
buscamos a diferencia, fuximos da etiqueta, mastigamos palabras
nas que non cremos,
e soñamos coa eternidade da que non queremos formar parte,
anhelo aquel nunca que contiña o todo.

Eva Méndez doRoxo

Sem comentários: