Tamén na festa da Reconquista de Vigo, entre a ampla oferta lúdica para a ocasión, alí na zona vella chamoume a atención este curioso xogo de orixe australiano (ben coñecido na Arxentina e no Uruguai). A jenga consiste en erguer unha especie de torre de 18 niveles con 54 pezas (bloques) de madeira, e con tres bloques en cada nivel. Logo os participantes, de maneira sucesiva e por quendas, deben ir retirando pezas dos niveis inferiores para colocalas na parte superior da torre sen que esta se veña abaixo, e así a torre debe ir medrando o máis alta posíbel. Perde quen fai caer a torre, e gaña o último xogador que conseguiu colocar a peza arriba con éxito. Todo un impresionante exercicio de habilidade e delicadeza.
......................... Afonso trece
Sem comentários:
Enviar um comentário