Luís Viñas
- NUNCA SE SABE -
Non quixera coma fado sorprenderte
no intre da nostalxia da idade
porque iso non vai na sintonía
da túa fresca mocidade.
..... Propoño
ficar na serenidade nocturna de lus e pedra
que ofrece un bo rincón no lugar entrañábel de A Guía.
Ficar alí coma dúas figuras de pedra
nese xogo de luces e sombras
porque en lugares coma este,
o tempo pasa lentamente, e mesmo semella deterse.
.
Acaso teño ollos de pedra, acaso
respiro na santa compaña dunha fermosa
estatua de muller ben xeitosa.
Vexo nos teus ollos a doce mirada escura da noite estrelecida.
A noite é xove. Quero desfrutar do momento e gosto
dese estraño sabor do silencio nos teus beizos.
Quero chimpar un bico á ría
mais un orballo de verbas vai tecendo a noite que nos quenta./ ¿Maxinacións? ...... Nunca se sabe.
......................... Alfonso Láuzara
Sem comentários:
Enviar um comentário