quarta-feira, novembro 28, 2007

Nós e a rede

nós e a rede marchamos
deica lámpadas de ton suave


coma un ollo asexa tra-lo celofán
onde non temos canto
e se canto esquezo a vosa pel
de ti que me ves
de vós que mirades


se canto esquezo por iso canto
xa son a túa man
non sóde-la miña calquera
sodes ti e máis el
comparto a carne que nós non temos


nós e a rede por onde vides
traede, apartade os ollos
que non me vistes.
Íspome. Esta pel é vosa
alá por onde esquece, por iso canto


Abilio Rodríguez

2 comentários:

Cely disse...

Me gusta mucho este espacio, felicidades.
Te invito a visitar este blog, encontraras muchas otras cosas igual de interesantes http://mydigitalnotebook.blogspot.com
Bye

a porta verde do sétimo andar disse...

Graciñas Cely pola visita e os teus parabéns. Pasarei polo teu espazo un día destes.