segunda-feira, outubro 15, 2007

rosanegra


A orde dos factores non altera a suma
Da aritmética sentimental
A trigonometría espacial
Interponse entre a ollada inquietante
Do animal racional
O binomio de Newton
Segue aceso nas mentes cáusticas
Mentres Cramer segue buscando
As tres incógnitas matriciais
Tanta numeración pódeme suprimir
1,4,7,89,18,m y,m 2...
e escoito unha voz que di
a e b non son permutables,
aínda que son maleables...

2 comentários:

Javi disse...

Lémbrame esta poesía á miña época dourada de estudos industriais. Máis que dourada fracasada. Matrices, números complexos (coma nós), determinantes (e tanto na miña vida)... en fin. Precioso poema.

rosanegra disse...

graciñas por todo Javi.Unha aperta.