sábado, outubro 13, 2007

O Lagares maltratado

O desahuciado Lagares que foi reanimado in extremis
aínda bota escume urbano pola boca do seu esteiro
sulagado en secuencia da marea chea.








Xa por Lavadores...
misión case imposíbel
seguirlle e perseguirlle
as súas pegadas de auga,
coitadiño
baixa estrangulado
entre naves industriais.
.
Superado o natural trauma urbano...
seica a esperanza fica aló no berce do río.

.................................. Alfonso Láuzara

1 comentário:

Javi disse...

É terrible ir polo paseo da desolución a carón do Lagares. Depresiva paisaxe. Abandono por parte de quen correponda.