Unha muller impresionante
e arrebatadora
que escintila con vigor
na galaxia musical galega.
Mercedes Peón ven de presentar con éxito rotundo en Vigo o seu terceiro disco, Sihá
O sábado 14 de abril vibramos tod@s con ela, outra volta, nunha república de soños dacabalo entre as entranas da tradición galega e os experimentos máis transgresores do seu talento artístico, tan encantadora e atrevida coma sempre. Parabéns, Mercedes!
Aiché
Si ha, non ha
Si ha, non ha
Aínda así, aínda así
Ai che, si ha, non ha, ho
Aló van as palabras
Coma folerpas de neve,
Caen e baten coa terra
Axiña desaparecen.
Si ha, non ha
Si ha, non ha
Aínda así, aínda así
Ai che, si ha, non ha, ho
Unha nena nunha escola
Falou palabras feridas
A mestra non as coñecía,
Nevan folerpas para arriba!
Si ha, non ha
Si ha, non ha
Aínda así, aínda así
Ai che, si ha, non ha, ho
Mercedes Peón, música, letra e arranxos
Melodía tradicional,maneo de Nétoma
- Alfonso Láuzara -
Sem comentários:
Enviar um comentário