sexta-feira, abril 13, 2007

déixanse levar


candeas
como mastros
enxurran o ceo
.
non tiven a oportunidade
de advertir
.
o tempo ergueuse contra nós
.
aló ficamos
no bambán das ondas
.
aló tamén
onde
a auga
repousa
.
(de "Déixanse levar":
edición incluída no libro O alento da musa)
Alberte Momán

Sem comentários: