Non quero tornar á beirarrúa
do tempo, no que o medo deixaba
pegadas de donicelas nos peitos
........................................masacrados
Non quero ollar nos teus ollos
o pánico, a escura brétema que cubría
o largo túnel da historia amarga
que era un pesadelo, ambientado
nunha paisaxe estraña , terrible
onde os corpos formaban acios
baixo o son monocorde das balas
Un cento de pretos vagalumes
acompañaban cadaleitos calados
os carreiros facíanse cada vez máis
................................................estreitos
...............................................impenetrables
Alí caeron, no monte
finaron, crebaron corazóns
e as xanelas pecharon
.......................como para dicir adeus
..................................................ás almas
A noite era unha pálida estadea
ao carón dun estripo
..............que se volvía de costas
.........................como se non pasara nada
....................................como se non pasara nada
..............................................................pero pasou
Cruz Martínez
Sem comentários:
Enviar um comentário