O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax
Kiko Neves
Fragmento:
Ponteareas, ano mil novecentos oitenta. A dictadura seguía no seu máximo apoxeo: un alcalde falanxista, unxido dende o ano anterior por unhas eleccións tramposas ou democráticas (ao longo dos anos sigo sen entender as diferencias), e un párroco de sotana negrísima e verbo de veterano excombatente eran as referencias de poder e cultura.
Nove anos. Estudiaba quinto de básica no Colexio Sanxiao. Todo aquel tempo parado enzoufaba a poceira do Colexio Sanxiao. Disciplina franquista -por supostopara alunado masculino. O Colexio medrara sobre das pedras dun hospital republicano, o primeiro e último da comarca do Condado. Logo da Guerra Civil fora espoliado e ocupado polo exército durante os anos corenta: un primeiro paso para o establecemento dun centro de ensino con profesorado chegado da España vella de Burgos. O Sanxiao afondou as súas raizames entre os vilegos con arelas dun señorío de antergos que nunca existiu. A Ponteareas abouxada, fachendosa, de ridículas referencias nacionalcatolicistas, depositaba os seus fillos entre o Colexio Sanxiao e o Colexio das Freiras, a versión feminina da mesma poceira.

Sem comentários:
Enviar um comentário