.
Eclipse
sobre un campo de mapoulas
negras como o cinto
que agochamos baixo a cama.
Temos moitas caras
está a bonita e sucia, a intrépida e luminosa.
Non sabemos endurecer a expresión,
a sesión comeza e esta cuncha non se desfai
da súa sentimental educación.
Cómo ser unha profesional
recrutada para manchar.
Cómo ir sempre vestida de loito
e non deixar de quentar.
No amor e na liberación sexamos unha.*
.
*Verso dunha canción homónima de Ruído de rabia.
.
........................ - Ana Cibeira -
.
Sem comentários:
Enviar um comentário