.
CANCIÓN PRA HORA DE MORRER
.
Despois de vivir nun tempo triste,
nun país vello,probe i atrasado,
chega o intre no que un xa non resiste
e déitase a morrer desesperado.
Chega o intre no que un non pode máis
e decide morrer rabiosamente.
Pero un teime nos outros,nos demáis,
e sinte piedade por un e pola xente.
Sinte piedade pola probeza i o atraso;
pola incomprensión,pola xenreira;
pola amargura e máis polo fracaso;
porque a vida ha ser doutra maneira.
A vida ten que ser luz e beleza;
amor e máis verdade,chama alcendida;
comprensión,irmandade e máis pureza
e non zurro fecal,chaga podrida.
.
......................... - Manuel María -
.
Somos eco da voz poética que nunca esmorece!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário