Perdóovos pola vosa mala baba
caracois de mirada xenreira,
seica sodes pobres de espírito
cegas cunchas baleiras
perdóovos pola vosa escasa conciencia
e polas mentiras vertidas
dende a vosa falsa aparencia.
perdóovos porque non sabedes o que facedes
nin as súas consecuencias
perdóovos porque non desexo ensuciar as cadeas
perdóovos porque o meu corazón
é unha limpa fonte senlleira
perdóovos porque a miña fe
e o perdón sen regras
perdóovos porque no perdón atopo
a felicidade que xa chega…
Miguel Ángel Alonso Diz
Sem comentários:
Enviar um comentário