Nego dos que din que din
e non din nada
mentres deixan a batalla
na pluma doutros
coma a unha vella abandonada.
Renego dos que fa que fan
e non fan nada
mentres choran polas tabernas
o eterno da súa desgraza.
Nego e renego dos que din que fan
por esta a miña terra amada
mentres enchen os petos
e ensucian a nosa ialma.
Miguel Angel Alonso Diz
5 comentários:
Petición:Esta todo moi ben, pero por favor porque non intentades facer a foto de grupo diferente.Unha aperta.
Teremos en conta a túa petición... unha aperta.
grazas
Pelos vistos as classes políticas pouco variam de País para País...Também eu renego quem põe e dispõe das nossas vidas, sem dó nem piedade e sem consciência...porque a não têm!!! Beijinho
Ana Paula desculpa non ter contestado antes. Estiven encerellado nunha buguina esquecida no recuncho dun mar perdido.
Tes toda a razón, pouco varían do noso país o voso... só nos queda a palabra, para loitar, para amar, para sufrir, para vencer.. un beixo.
Enviar um comentário