quarta-feira, dezembro 02, 2009

lila


dubídache algunha vez?. eu non
ti de ti, si?
ti roubáchesme, soubéchelo
e sabias que algo de min morría en ti
para non espertar xamais
xamais
ti roubáchesme pois algo de min esta morto
só e baleiro
atravesado por esta dor
mal prestada polo tempo
déixame as túas mans para lavarme
fálame para aforrarme as palabras
para convencerte de que algo de min esta morto
e pensa comigo que dincho todo
o que non fun capaz
o meu silencio tamén
tódolos meus bos pensamentos
e tampouco abondou
tan fácil como confundir
o corpo cunha embarcación
tan sinxelo dicir que si
tan difícil como esquecer
o son dos pensamentos
preguntar por alguén cando non esta
deitarse indefenso
para convidarme a saír de min mesmo
antes de intercambiar a carne
por unha promesa que adquirín
antes de nacer
unha lectura anterior a ser lida
a urxencia de facer as cousas
antes de facelas
para descubrir que non estamos seguros
dubídache algunha vez
de que eu só quería confesarche
que os soños teñen o color do alivio.
unha promesa imposíbel de cumprir.

Enrique Leirachá

3 comentários:

Sara L. Miranda disse...

Adorei este blogue. Bjs

gambia disse...

Celebro que vocë encontre una palavra para jogä-los tempos de hoje e dizer taö claro a sua opinhäo tambén em seu bloge.
Obrigado.

Anónimo disse...

Esta frescura este aire de frescura a forma de falar do que lle acontece do que nos esta acontecendo quero saudala, quero decirlle que entusiasmame muito muitisimo. Parabéns.