sexta-feira, novembro 20, 2009

Caracola de café

Mar-e-onda mar-e-onda
a túa inmensidade oceánica plena
soa na entraña cova dunha caracola
mincha, cativa silenciosa a maré,
conta areas milleiros nun silabario
para exhultar o poder encantador
que arrebata os sentidos abraiados.
Tomei café nun recipiente de deseño.
Caladiña caracola está en minutos musicais
de marea chea nesta sobremesa
mar-e-onda mar-e-onda mar-e-onda
Let's have a cup of coffee here, yeah!

.
......................................... - Alfonso Láuzara -

1 comentário:

Anónimo disse...

moi bo o poema, na linea da actual xunta de potencial o inglés. Josiño