“Apresurar a noite, e facela negra
e caer así eu tamén no esquecemento”.
A meu pai, o home máis sabio que coñezo e podo coñecer.
O PROPÓSITO
Arrastrar o aire
e varrer a atmosfera
dun só prumazo.
Ese sería o poder que escollería
agora mesmo;
pois non podo velar
polos meus mortos
estando eu máis morta aínda ca eles.
Arrincarlle a lingua a Deus
polo seu incumprimento;
por obrigarme a ter fe,
a sosterme en pé,
ou do revés
ou de cabeza xirada cara abaixo
e de corpo volto...
cara dentro.
Maldigo a hora en qué nacín,
en que me fixen dos seus beizos nesta terra,
onde non crezo senón caduco.
Desfágome ata perder un pouco de min cada día,
e un todo a cada segundo;
ata non ser nin sequera a NADA:
esa que a ninguén lle importa
nin lle molesta.
Haberá aplausos tras estes versos
adulterados pola miña man?
Haberá aplausos, e palmas, e vítores?
Eu creo que non.
Penso que de chegar a escoitar tal cousa
xa estará toda a miña realidade
lonxe, ben lonxe, moi lonxe;
azorada de terra ata as amígdalas.
É igual. Din que os falecidos
cobran máis sona logo de ter vivido
na miseria, na ruindade, no descrédito.
Tal vez a min tamén me pase iso
e por fin me escoiten,
a pesar de non ter xa orellas,
nin saliva, nin padal
que me recorden cánto amei ás palabras.
ANA VALÍN
7 comentários:
Ana:
Vexo que estás con moita dor...
Os nosos mortos non nos deixan en paz porque están no noso corazón ¿verdade?
Queres saber algo? nuns días será o aniversario N° 37 do pasamento da miña nai. Cando morrera, ela tiña tan só 32 anos, ¿podes crelo?
A vida sigue, Ana.
Nunca esquecerás aos teus mortos, mais tes que seguir adiante polo seu amor.
Unha aperta dende o sur..
Antón.
Seino, e por iso escribín estes versos. É como unha homenaxe ás miñas raíces que a un tempo me alivia bastante. En realidade parece máis dor da que é porque está contida, constriñida en poucas palabras. Eu sigo adiante con moita forza. Lamento moito o da túa nai e dígoche o mesmo que me dis ti a min: hai que seguir por eles. Cando un consegue deixar unha pegada propia é como se a deixase tamén polos que viñeron antes ca nós.
Gracias pola resposta, Anita.
Eu tamén teño moi presentes aos meus antergos.
Saúdos.
Antón.
De nada, Antón. Dame moita satisfacción saber que consigo remover algunha fibra por aí cos meus textos.
Ana: cando queiras, pasa polo noso recuncho: http://cuspedepita.blogspot.com/
Saúdos dende o sur.
Antón.
Interesante a vosa páxina web. Aceptades colaboracións? Son afeccionada á fotografía e á poesía... Se vos sirve. Déixoo á voso criterio
Ana:
Moitisemas grazas polo teu afrecemento.
A verdade que Cuspe de Pita foi pensado como un blog escrito a dúas mans nada máis.
Se algún día cambiamos o criterio, serás a primeira en sabelo.
Moitas grazas outra vez.
Saúdos.
Antón.
Enviar um comentário