segunda-feira, outubro 13, 2008

TEORÍA DO ADEUS

Pontedeume 1957- Barcelona, 12 de outubro do 2008.
O poeta Ramiro Fonte, faleceu onte. A literatura galega ficou un pouco máis orfa...mais o seu pasamento só será un tránsito corpóreo, o seu pensamento e a súa obra permanecerá inalterábel, sempre, para o noso goce.
A ausencia incide de xeito inevitábel na palabra, trócase nunha composición ferida, semella un indixente fragmentado que deambula polas corredoiras, escuros ermos da morte... ( Cruz Martínez)
Despedídevos dos barcos nocturnos
Pois que eles saben
Aquel tempo supremo dos adeuses;
Os sinais das estrelas que agardaban
Un corazón de home que puidese
Descifra-lo seu cántico no ceo.
Sen dolor, despedídevos
Deses barcos nocturnos que procuran
O gume do mencer, unha ribeira escura
Na que ancora-la vida como un rumbo imposible.
Porque teceron
Na misteriosa urdime das tormentas
Un ousado ronsel,
E gobernaron ventos inimigos,
E viron emerxe-la Cruz do Sur
Sobre os mastros vixías, espectantes,
E no Gran Norte, aquel que vai connosco,
Amuraron un día as nosas dúbidas.
Despedídevos deles, deses barcos
Que teñen a grandeza
Dos seres extinguidos, lentamente
Despiden a canseira deste mar que eles deixan
Ó coidado dos homes que medraron nos portos.
Invocade o mariño que levades moi dentro,
Eternamente naufragado e triste;
A nostalxia das luces que derramara o mar
Nos vosos rostros xoves. Despedide
Estes barcos nocturnos como quen sabe acaso
Que algo parte con eles.
Este poema " Teoría do adeus" pertence ao seu libro: " Pasa un segredo"
Edicións Xerais, 1988.

3 comentários:

Antón de Muros disse...

Os meus respectos polo seu pasamento.

Antón, dende onde emerxe cada noite a Cruz do Sur.

a porta verde do sétimo andar disse...

Certamente é unha noticia que entristece fondamente.Era unha persoa moi nova e aínda tiña moito que ofrecer á nosa literatura.Un saúdo.

Cruz

45645646546565 disse...

h漫卡通成人動畫
情色辣妹聊天
免費a片卡通版
情色成人網
av情色性愛視頻
免費視頻美女
av情色性愛視頻
免費a片卡通線上看
成人動畫卡通