domingo, agosto 03, 2008

RAMÓN CABANILLAS, 1876-1959 (O bardo da fala)

O " Poeta da Raza" segue vivo na súa casa natal en Cambados. A pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns foi rehabilitada e transformada en museo na década dos 90. Alí pódese atopar a súa pucha negra, a cadeira e a máquina de escribir. Tamén fotos e un vídeo da súa vida. Entar naquel humilde fogar dignifica a persoa e loa a todo un intelectual das nosas letras... o poeta máis relevante de " As Irmandades da Fala".









casa- museo
Ramón Cabanillas
Rúa Novedades, s/n
Tel: 986 524 678
De martes a domingo
de 10,00- 14,00 h e de 16,30- 19,30 h.
.......................................................................
...................................................Texto de rosanegra e fotografías de Cruz Martínez

¡EN PÉ!

.................................A Lois Porteiro

¡Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada
luz que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,

arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira da Galicia,

¡cantémo-lo dereito
a libre, nova vida!
Validos de treidores
a noite da Frouseira
a patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
¡irmáns asoballados
de xentes estranxeiras,

ergámo-la bandeira azul e branca!
¡E ó pé da enseña da nazón galega

cantémo-lo dereito
a libertar a Terra!
¡Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
¡en pé! ¡en pé, dispostos
a non morrer sin loita!
¡O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
a libre, honrada chouza!

¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,

berremos alto e forte:
"¡A nosa Terra é nosa!"
Ramón Cabanillas ( Da terra asoballada, 1917)

Sem comentários: