Homenaxe "O Escritor na súa Terra": a AELG entregou a "letraE" a Xosé Vázquez Pintor
O pasado sábado día 7 tivemos a honra de vivir unha xornada especial acompañando a Xosé Vázquez Pintor na merecida homenaxe organizada pola AELG e o Concello de Melide. Os afectos encheron as rúas, os espazos, e a palabra foi emoción de lealtades. Pintor con alma de buxo non esqueceu os vencellos de sempre: a tribo, a terra, os amigos e a palabra. Para a literatura están : Banzados, A memoria do boi, A tribo sabe, Os vellos oficios, Tal era vivir, Lume de biqueira, Gándaras, Na vertical da noite, No corazón mancando, Para dicir abril, Quen faga voar …
Luís Viñas
3 comentários:
Tiñao moi merecido, sinceramente!!
asbeirasdoarnego
Leo en todos os que comentades sobre este evento a palabra LEALTADE e quero subliñala, porque creo que Vázquez Pintor é unha persoa leal en esencia: leal aos seus afectos, leal á súa terra, leal aos seus orixes...
A lealtade sempre foi unha das miñas teimas, será por iso que admiro tanto a este home.
Non sabía que ti tamén foras, a verdade é que Pintor o merece, é único. Unha aperta.
Enviar um comentário