segunda-feira, junho 02, 2008

xuntanza de blogueir@s en Agolada



Algunhas veces non o podes facer só (dicía unha canción de U2)
Así compartindo, espíndonos uns para os outros foi como nos atopamos en Agolada un grupo de blogueir@s ansiosos de mudar o mundo, os mundos, e de expor os micromundos que levamos dentro. Felicidades a tod@s por abrir as portas, deixar ver os celeiros de cada quen e aportarnos unha visión diferente da vida, das vidas. Adiante con ese ímpeto e seguide escribindo sobre os vosas inquedanzas que nos faran a tod@s máis ricos en opinións e vivencias.
Na páxina http://blog-xuntanza.blogspot.com/podedes atopar os links para achegarvos a cada un dos blogueir@s
Luís Viñas García

5 comentários:

bagoas insomnes disse...

Moitas, moitísimas grazas para ti en espacial, por que te acercaches a min cheo de ledicia , cando eu andaba xa pendurada de algunha sobreira, fascinada con tanto agarimo mostrado.
Gracias con todo o corazón alegre!

Esta ben seguro que vou dar boa conta desta porta verde na que quizais algun día entre e na que pintarei unha gran fiestrela azul!

gracias a porta verde ,este cabalo verde da esperanza!

Anónimo disse...

Moitas graciñas, Luis, tamén polo libro en papel, un verdadeiro agasallo.

GRaciñas por organizalo todo e que parecese sinxelo.

E a ver se podemos ver obra gráfica de Luis.

Saúdos á xente da PORTA VeRDE!!!

juanjo

asbeirasdoarnego disse...

Vexo que o pasache ben na Xuntanza, repetiriala? Eu si dende logo. Gustoume moito o teu blog.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Anónimo disse...

Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

prometeo disse...

O mellor regalo que podeslle facer a ninguén, sen dubida, é un libro. Mais se este é, ou era, un descoñecido coma min. Xa non.
Gracias amigo polo tesouro. Mellor dito, polos dous tesouros.
Un precer coñecerte.
jose