quarta-feira, julho 04, 2007

rosanegra

Dende as profundidades da nostalxia
Fica indómita perante o mundo
E debuxa xeroglíficos na mente
As súas orellas sinalan directrices
Oblicuas espaciais
Que semellan andoriñas
O amor é efémero
O tempo é descoñecido
Pero el, foi un mes etéreo
Unha boca agridoce
Que quentou un corazón no inverno

2 comentários:

Anónimo disse...

Hola rosanegra.

Gustoume o teu poema, porque por uns segundo cain nun pozo. Nunha realidade paralela poderiamos dicir.

-MONTY-

Anónimo disse...

Graciñas amigo Monty. A miña resposta é un pouco tardía mais acabo de ver a túa mansaxe agora mesmo.
Un saudiño