1: EU
Nacín
aos oito meses,
movida pola urxencia
dunha democracia
que nunca chegou.
Nacín muller,
secreta e posíbel.
Sedenta,
coma tantas xeracións,
á espera dun tempo adiado.
Preocúpame
cada día.
Preocúpame
non ocuparme,
de facto,
nunca
o suficiente.
2: TI
O actual escravismo
faite infiel e desleal.
É el quen
te fode,
sodomiza,
esgota,
e non eu.
...................... (Verónica Martínez)
Sem comentários:
Enviar um comentário