quarta-feira, julho 04, 2012

O cullarapo Croque -vídeo dos autores -


O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.


OLA AMIG@S!!

Achegamos esta ligazón a un video feito por L'AVIONETA con motivo da nosa experiencia ao redor do nacimento do cullarapo Croque.
Agardo que desfrutedes do mesmo.

GRAZAS a tod@s!!


Este vídeo forma parte do proxecto "O cullarapo Croque", co cal as persoas que participan nel, buscan transmitir aos nen@s a importancia do pensamento creativo, das diferentes disciplinas artísticas: música, pintura, poesía, teatro... a través de textos que agochan no seu interior valores como o amor, o respecto, a importancia das linguas, o rexeitamento ao maltrato, a dignidade, a vida...

Con este vídeo tratamos de achegar aos nen@s  os autores do libro, para que sexan participes do seu proceso creativo, das historias persoais que existen detrás de cada libro, e con iso incentivar en eles a lectura, o debuxo e a propia creatividade.