terça-feira, maio 17, 2011

Maio do 96

cruzamos as nosas miradas
nese camiño sen retorno...

Ti marchabas
... eu fuxía.


A Lois...


Miguel Ángel

poeta de culto

eu morrerei novo
como manuel antonio
eu nunca escribirei en castelán

home e poeta fronteirizo
ese cruce de camiños que son vias
ese tren de monforte cara madrid
que lle abriu tantas portas
esa cidade que en poucos anos
pasou a ser cidade maldita

pereiro poeta profético
con tantos golpes da vida
tanto amor tanta enfermidade
tantas portas que se pecharon
ese tren que non queria coller
ese final da via na morte

lois pereiro
poeta da negra sombra
naufrago de catro a catro
novoneyra pasouche o relevo
a quen llo pasarás ti agora
sen sabelo

poeta de culto din
cecais poeta maldito
meu amigo


Manolo Pipas

a chiapas de pereiro

(Amor e sangue en Chiapas)

Ando á procura dunha ollada súa
que me confirme afé que teño nela
e avanzo a cegas coa maior firmeza
noutra rebelión xusta que interna
nunha urxente esixencia de certezas
para este corazón revelde e zapatista
obrigado a loitra polo evidente
cunha serea furia
antiga e sabia

Desde o amor que resiste ó que reprime
con ella por compaña como antes
ou eu só ben armado de nostalxias
deixareime invadir de sangue maia
para que retorne á sua propia terra
ou consiga vivir outras mil vidas
en loita contra o mundo
se é preciso
crebándolle o pescozo
e desviando
á historia do seu curso
xunto coas mesmas víctimas
de sempre

lois pereiro

poema do seu libro
poesía última de amor
e enfermidade

segunda-feira, maio 16, 2011

Revisando os danos

A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
aos meus soños escasos e prudentes.




Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade

Achega do compañeiro Xurxo Fernández Martins

quarta-feira, maio 11, 2011


ORGANIZA ATENEO FERROLÁN. (Grazas ao aopio do Concello de Ferrol). ACTO PÚBLICO


Lugar: Cantón de Molins – (Praza da Constitución) Ferrol ás 20 h. como en toda Galiza.

Loneta decorativa Lois Pereiro no palco do Cantón de Molíns.

Letras Colgadas en Globos que simbolice o Manifesto de Lois Pereiro e que botaremos ao VENTO.

Acompañan o Grupo Tradicional “Airiños do Campito”

Lectura Manifesto (extracto) – Ateneo – Eliseo Zaera (Presidente deste Ateneo Ferrolán)

Reparto Manifesto de Lois Pereiro ao público asistente na rúa.

Lectura de Poemas nos acompañarán:

Fuco Buxan, Comite Cidadán Emerxencia, Eduardo Hermida (Centro Cultural A Estrela de Canido), A Mesa Pola Normalización Lingüística da Comarca.


Ante a convocatoria aberta da seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde.




O ATENEO FERROLÁN chama a participación dos colectivos, asociacións e persoas individuais que queiran colaborar desta homenaxe pública que faremos a LOIS PEREIRO: Lectura Manifesto, Mural con artistas locais, música, teatro, danza, lectura poética, .... Dende o Ateneo Ferrolán tentamos involucrar a zona de Ferrol desta homenaxe pública a LOIS PEREIRO.



Como remataba Lois a súa Modesta proposición:

“quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo... (por exemplo)”.



Confirma o teu interese en participar con nós:

secretaria@ateneoferrolan.org ou no telefono 981.357.970



A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán