sábado, dezembro 14, 2013

Emotiva presentación de "Noite~Día" de Alfonso Láuzara en Moaña!


Onte o compañeiro Alfonso Láuzara presentou o seu poemario erótico "Noite~Día" nun acto moi emotivo que tivo lugar, con recital incluído, no espazo da libraría O Pontillón, en Moaña! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, quen tamén recitou algún poema do libro. Ademais contou coa especial colaboración do poeta moañés, Xosé Daniel Costas Currás, que tamén participou recitando tres poemas do libro. Entre o público entregado destacou a presencia de varios artistas do Morrazo, como o dúo musical 2naFronteira, o cantante Santiago Ferragud de Xardín Desordenado, ou os pintores Enrique Prado e Manuel Cerviño de Bueu, entre outr@s. Foi outra presentación moi especial de "Noite~Día", que desta volta cadrou venres trece e tamén coincidíu en lúa chea! Grazas a tod@s! 


 
 

quinta-feira, dezembro 12, 2013

te-roxo e erva-luisa


a alfonso láuzara

noite-día do faro de teis
libro verde salgado e dóce
da costa ás ondas á travesía
das rías baixas ás rías altas

vai o teu latexo pola serea
sol cometa eclipse firmamento
firme a túa húmida palabra

faltame o poema lúa no teu libro
pero esa túa noite-día é todo lúa

o namoro do te-roxo e a erva-luisa


noite-día foi presentado
hai unhas horas na librería andel
con farrapos de boneca de rochi
lúcidas e escuras descargas poeticas
para as que desta volta non hai cronika a alfonso debíalle un poema
que non saiu na noite-día da cova
á boneca xa llo fixen hai uns días
imaxe ao sur de teis hai uns solpores


manolo pipas