quarta-feira, março 27, 2013

Sensacional recital de A Porta Verde no Café UF! (Vigo)

Con motivo do 30 Aniversario do Café-UF! Negra Sombra e no marco dos actos de celebración durante todo este 2013, o sábado 23 de marzo tivo lugar no emblemático local vigués un Recital poético de A Porta Verde, que cumpre tamén en maio oito anos de andaina poética. O espazo da Negra Sombra encheuse de amizade, imaxe, música e poesía, coa participación de:
Pili Mera (dende Madrid) Ramiro Vidal (Oleiros) Asun Estévez (Bueu) Miguel A. Alonso Diz (Vigo) Rochi Nóvoa (Ourense) Alba Méndez (Moaña) Marília Miranda (Portugal) Xosé Iglesias (A Coruña) Mª Xosé Fernández (a Pontenova) Neves Soutelo (A Estrada) Virgílio Liquito (Portugal) Alfonso Láuzara (Vigo) e Servando Barreiro (Vigo) ... Obrigado! Grazas a tod@s! Foi sensacional!

 cartaz do evento
 


 
 Pili Mera

Ramiro Vidal
 
Asun Estévez e Miguel A. Alonso, momentazo!
 
 
 Asun Estévez
 
 Miguel A. Alonso Diz
 
 Rochi Nóvoa
 
 Alba Méndez
 
 Marília Miranda Lopes, presentando o seu libro "Castas"
 
 Marília Miranda, acompañada de Servando Barreiro na guitarra
 
 Ambientazo no local
 
 Xosé Iglesias
 
 Mª Xosé Fernández
 
Neves Soutelo
 
Virgílio Liquito
 
 Alfonso Láuzara
 
Servando Barreiro, pechando o acto con música e canto
 

segunda-feira, março 25, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Ramiro Vidal!


Imprescindível R’N’R

Dan las seis, sintonizo los Stones
Recuerdos del pelo largo
Viejos blues, queridísimo Eric Burdon

 
Sempre vai frio nas manhás de Novembro
Sais à caça de um café
Entre o clamor da ardente e suja cidade
No ipod cavalgam os Judas Priest

No horizonte, um futuro longe dos oasis metálicos
ERE de extinçom
Facturas sem pagar
Nóminas sem cobrar

E a necessidade impertinente da proteína
E a infeliz disfuncionalidade do sistema sindical
E tralhaços de borracha no teu lombo

Lábios abrassados polo frio
Maos curtidas pola cruel maquinária
E o imprescindível rock and roll

Sem ele nom serias nada
Nele, serás sempre indomável
Nom submeterám o teu barco pirata
Nom reduzirám a tua cavaleiria de fogo
 
 
............................ (Ramiro Vidal Alvarinho)

sábado, março 23, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Manolo Pipas!


a porta o andar as pegadas

a miña porta é branca
e o meu portal é verde
e desde esta planta baixa
das palabras envolventes
ollo para o setimo andar
das compañeiras voces
que preparan un recital
de poemas para esta noite

con eles as veces camiño e recito
imos deixando pequenas pegadas
nas covas e nos montes altos
nos espinhos nas praias nas airas

a porta o verso a poesia
somos un pouco de memoria
un pouco de memoria que camiña
abrindo pechando e abrindo portas

........................... (Manolo Pipas)

quinta-feira, março 21, 2013

Recital de A Porta Verde no Café-UF! (Vigo)

este sábado, 23 de marzo, ás 20:30 h. !!!


Do noso libro "Sétimo andar"... Alberte Momán!


termamos da auga da pía
como se tivésemos que bebela toda

despois dun momento
deitámonos exhaustos
coa auga a caer sobre nós
enchoupando o chan
....... as roupas
e os nosos corpos aterecidos

daquela
... aínda houbo quen dixo
... -se cando menos fose vran!
o resto calamos
non saberíamos se rir
... elaborar un retrouso retranqueiro
... mostrar indignación
... ou asentir con condescendencia

a dúbida lóxica dun segundo tan só
non bastou para revoltarnos
pechar a billa
e ir prestos a brandir panos enxoitos
cos que enxugar aquela desfeita

así
deste xeito
é como cruzan os caracois
a autoestrada cando chove

......................... (Alberte Momán)

terça-feira, março 19, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Verónica Martínez Delgado!

1: EU

Nacín
aos oito meses,
movida pola urxencia
dunha democracia
que nunca chegou.

Nacín muller,
secreta e posíbel.
Sedenta,
coma tantas xeracións,
á espera dun tempo adiado.

Preocúpame
cada día.
Preocúpame
non ocuparme,
de facto,
nunca
o suficiente.


2: TI

O actual escravismo
faite infiel e desleal.

É el quen
te fode,
sodomiza,
esgota,
e non eu.


...................... (Verónica Martínez)

domingo, março 17, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Virgílio Liquito!

E se me vires nessa esquina, bem próxima de tua casa, a que tem relevo especial, como certo sítio que terás na tua moradia, ou no coração, pelo menos acena-me com um lenço, depois de tremenda despedida. Que encontro não fora?!
Saudades dum marinheiro de água doce, que já voltou, agora , de um chafariz, que só me rompe, me retira as escamas da pele, me leva a juventude, me entende ao sol, para ser trucidado até ser escoado minha água, água que alimenta, por gotas que me atingem, a fuga pelos interstícios da chuva, os vacúolos da minha juventude consumida.

.............................................................................. (Virgílio Liquito)

Colaboración de A Porta Verde na Expo "Rebentos de salitre" no Porto!


A Porta Verde colaborou coa súa poesía na Expo "Rebentos de salitre" d@s amig@s Inma Doval e Xacobe Meléndrez no Porto!
Foi un pracer! Grande sucesso! Obrigado e parabéns!
 

sexta-feira, março 15, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Alfonso Láuzara!


MUSASINADA

Foi cousa de pechar e abrir os ollos
soterrar un soño nas olleiras á espreita
botar unha ollada cara dentro do alter-ego
mergullar naquela luz arrubiada de altericidio
onde fican os frustrados solpores sen horizonte,
foi a teima de perseguir musas nos corredores oníricos
seres de luz que foxen de poetas intrépidos
eses tipos que asinan poemas en cada intento
e recolleitan logo estrondosos voos de pombas
cada vez que invocan con versos a gaiola
onde outra musa suspira por escapar do peito.
Hai en cada noite escura un sol que brilla sen tregua
para alumear este periplo de soños e feitizos.
E vou entón coma couza delirante na procura dun foco
ata que arrepío da luz que me cega nesta escena de estrela
no intre mesmo en que a musa perde de vez o alento, devece,
e na sombra deste poema unha mancha vermella aflora
traza a figura máis bela do crime que me fixo poeta.
Confeso que asino e asasino a criatura mentres sorrío,
e fico esperto ollando fite a musa cadáver que tamén sorrí.

(publicado tamén na revista Atenea, do Ateneo Ferrolán)

..................................................... (Alfonso Láuzara)

quarta-feira, março 13, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Rosa Enríquez!

"Téñenme por tola, e coidan que minto
cando digo que fun desvirgada por Zeus."

Herba de aquí e acolá. Álvaro Cunqueiro.


CRÓNICAS MINÚSCULAS

No entramado verdecente das árbores. Aí  os teis. A carón das rochas: no abaneo da floresta: no filtro da luz solar que indaga na sombra atravesándoa.  Por calexas en ámbar cun certo aroma a humidade. Tamén no pelo dos cetáceos ecuestres: estraños centauros que avanzan   barrigudos pola eira.
É o seu un imperio minúsculo: gobernado polo instinto. Son miniaturas cinéticas: golpes de luz nos bordes verdes da verdura. Dalgúns-interesa  a lentitude do paseo: esa forma de de se deslizar pola herba. Indiferentes.
Doutras-destaca o movemento constante. O ritmo africano e veloz. Definirémolas pois como celéricas transeúntes. Irreverentes co mundo visíbel. Gústanos ser exactas.
Y vendrán a por la gente. Sacarán sus antenas para devorarnos.

Daquela abertura pódese albiscar a exactitude dun suspiro. O tono incerto da mentira dun quérote calquera-inchado polo desexo-porque os desexos inchan: fan todo un chisco máis grande. Dicir-por exemplo-quérote-sen máis-non parece suficiente. Así é que engadir unha actitude solícita permite o clima propicio: lo erótico se alcanza en contextos altamente favorables-ya se sabe…   
Esta afición que me dispensas vive acugulada nese teu tubo tan vibrante  e arbitrario que  vira. Vai virando.

(...)
.................................................. (Rosa Enríquez)

domingo, março 10, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Miguel Ángel Alonso Diz!

AMANTE ROSALÍA

Quero que ela, a miña amante,
cubra o meu corpo de estrelas
e sentir o solpor errante
rubindo polas meixelas.

Quero cos  seus dedos estuden
as engurras das miñas costelas
trazando mapas que borren
da miña pel as fronteiras.

Quero morrer nos seus ollos
descansar na súa terra
habitar nos seus beizos
medrar na súa herba.

E berrar o seu nome
cando a noite nos cega!

E berrar o seu nome
cando os desleigados nos negan!

Quero que ela, a miña amante,
encha o meu corpo de bolboretas,
e sentir a mañá bocexante
acubillada nas miñas pernas.

Quero vivir nos seus versos
sangrar na súa verba
labrar os seus camiños
rachar a longa pedra.

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…

E murmurear o seu nome
para que ninguén a esqueza…
 
e murmurear o seu nome

e murmurear o seu nome


........................... (Miguel A. Alonso Diz)

sexta-feira, março 08, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Iolanda Aldrei!

III

                COMPANHEIRO

Deixa-me dizer-te.
Dizer-te, não falar-te.
Dizer-te por bandeira nas gaitas do alvorar.
Se despontam as luzes, levaremos o mundo.
Os tempos são chegados,
e os sonhos por sonhar têm beira sem porta
e portos a abeirar.
Deixa-me cantar-te.
Cantar-te, não chorar-te.
Cantar-te em voz de monte na terra do sol-pôr.

Pisaremos moedas, semearemos filhos,
renovaremos nomes na barca do amanhã.
Dir-te-ei na ilha, então, de ilhas errantes,
entre os passos a força, e um mundo por nascer.
Labrega, hei soterrar capitais como abono
e cultivar o amor, sem indústria, nem modos.

Deixa-me dizer-te, no teu nome de lar.


.......................................... (Iolanda Aldrei)