quarta-feira, março 13, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Rosa Enríquez!

"Téñenme por tola, e coidan que minto
cando digo que fun desvirgada por Zeus."

Herba de aquí e acolá. Álvaro Cunqueiro.


CRÓNICAS MINÚSCULAS

No entramado verdecente das árbores. Aí  os teis. A carón das rochas: no abaneo da floresta: no filtro da luz solar que indaga na sombra atravesándoa.  Por calexas en ámbar cun certo aroma a humidade. Tamén no pelo dos cetáceos ecuestres: estraños centauros que avanzan   barrigudos pola eira.
É o seu un imperio minúsculo: gobernado polo instinto. Son miniaturas cinéticas: golpes de luz nos bordes verdes da verdura. Dalgúns-interesa  a lentitude do paseo: esa forma de de se deslizar pola herba. Indiferentes.
Doutras-destaca o movemento constante. O ritmo africano e veloz. Definirémolas pois como celéricas transeúntes. Irreverentes co mundo visíbel. Gústanos ser exactas.
Y vendrán a por la gente. Sacarán sus antenas para devorarnos.

Daquela abertura pódese albiscar a exactitude dun suspiro. O tono incerto da mentira dun quérote calquera-inchado polo desexo-porque os desexos inchan: fan todo un chisco máis grande. Dicir-por exemplo-quérote-sen máis-non parece suficiente. Así é que engadir unha actitude solícita permite o clima propicio: lo erótico se alcanza en contextos altamente favorables-ya se sabe…   
Esta afición que me dispensas vive acugulada nese teu tubo tan vibrante  e arbitrario que  vira. Vai virando.

(...)
.................................................. (Rosa Enríquez)

Sem comentários: