quinta-feira, março 21, 2013

Do noso libro "Sétimo andar"... Alberte Momán!


termamos da auga da pía
como se tivésemos que bebela toda

despois dun momento
deitámonos exhaustos
coa auga a caer sobre nós
enchoupando o chan
....... as roupas
e os nosos corpos aterecidos

daquela
... aínda houbo quen dixo
... -se cando menos fose vran!
o resto calamos
non saberíamos se rir
... elaborar un retrouso retranqueiro
... mostrar indignación
... ou asentir con condescendencia

a dúbida lóxica dun segundo tan só
non bastou para revoltarnos
pechar a billa
e ir prestos a brandir panos enxoitos
cos que enxugar aquela desfeita

así
deste xeito
é como cruzan os caracois
a autoestrada cando chove

......................... (Alberte Momán)

Sem comentários: