segunda-feira, setembro 23, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!

O compañeiro Alfonso Láuzara Martínez presentou o seu libro de poesía erótica "Noite~Día" o pasado sábado 21 de setembro na Cova dos Ratos, que se encheu de amizade e poesía. Foi emocionante ver coincidir alí no espazo entrañábel da Cova a persoas que foron a primeira cerna de A Porta Verde con algunhas das mellores 'fichaxes' recentes, pasado e presente cando aínda hai futuro! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, que destacou o marcado perfil colectivo do autor no espazo de A Porta Verde do Sétimo Andar, cun discurso breve e moi emotivo con brincadeira incluída. A continuación tomou a palabra Alfonso Láuzara para falar un pouco sobre o seu Noite~Día, con especial referencia á portada e ilustracións da artista portuguesa Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth', e tamén ao limiar da escritora galega Rosa Enríquez; despois ofreceu un intenso recital de boa parte dos poemas do libro que durou ben unha hora, acompañado das ilustracións que se podían visualizar simultáneamente nunha gran pantalla, todo nun fermoso e sinxelo escenario creado para o xogo en contraste da sombra e da luz. Na fermosa decoración do local foi importante tamén a colaboración de Manuel Cerviño, pintor galego de Bueu que prestou xenerosamente varios dos seus cadros para expor no evento. E aínda antes de rematar a agradábel sorpresa do caro compañeiro Manolo Pipas e do sempre ocorrente Fernando Miranda de Bueu, con senllas intervencións espontáneas. Foi un acto sensacional! Grazas a todas e todos pola vosa asistencia e apoio, e grazas tamén ás rapazas da Cova dos Ratos polo seu xeneroso e magnífico traballo. E parabéns por ese Noite~Día! 

Portada do libro con pintura de Bebeth

Imaxe do escenario para a presentación

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Miguel Ángel Alonso Diz, introduce o acto

Simpática brincadeira do Forxador!


Unhas palabras do autor sobre "Noite~Día"

Na pantalla: imaxes das ilustracións do libro

Xogo en contraste de sombra e luz

Introducindo cada poema ao recitar

Comunicando co público

En pleno recitado de poemas

O autor dirixíndose ao público

A sombra do autor... A luz da Artista na tela...

Recitando poemas do libro...

Ante un público entregado!

Recitando os últimos poemas da noite!

Intervención do compañeiro Manolo Pipas

Entusiasmo no público. Abilio, Luís e Fernando.

Intervención de Fernando Miranda, sempre ocorrente!

Dedicando un "Noite~Día" ao amigo Virgilio Liquito

Dedicando e asinando exemplares...

Fermosa imaxe ao remate do acto en amizade con: Harney Díaz, Alfonso Láuzara, Ruth Villar, Orisel Gaspar e Miguel A. Alonso.

Todos os cadernos Q de Vián.  
A familia do Noite~Día!
 

sábado, setembro 07, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!

En A Cova dos Ratos
(Romil, 3 - Vigo - perto do Concello)
Sábado, 21 de Setembro ás 20:30 h.
 
Achégate!


"NOITE~DÍA" (caderno nº16 dos Q de Vián)
Un libro de poesía erótica de Alfonso Láuzara Martínez.

Con ilustracións de Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth',
e limiar de Rosa Enríquez.  (62 páxinas)
ISBN: 978-84-15164-86-9

domingo, setembro 01, 2013

O espazo de A Porta Verde no Festival da Poesía do Condado.

Desobediencia con poesía, música, amizade e moi bo ambiente cunha gran afluencia de xente no Festival da Poesía en Salvaterra de Miño, o sábado 31 de agosto. Alí estivo A Porta Verde do Sétimo Andar un ano máis co seu espazo aberto para compartillar con amigas e amigos e tantas persoas que se achegaron polo noso posto. Desta volta compartillamos espazo cos amigos do ZOCO, Figurante e 2naFronteira! Moitas grazas a todas e todos! Obrigad@s tamén á Organización do Festival pola boa atención que tiveron co noso colectivo e polo magnífico traballo en xeral!









Aproveitamos tamén o marco incomparábel do Festival para promover, moi ben conducidos polo gran Paco Souto, o libro "Versus cianuro" cun dinámico recital contra a mina de ouro de Corcoesto! 



Ramiro Vidal Alvarinho

Alberte Momán

Miguel Ángel Alonso Diz

Rochi Nóvoa

Alfonso Láuzara

Verónica Martínez en boa compaña!

Viva o Festival da Poesía do Condado! Desobediencia!