sexta-feira, agosto 31, 2007

Ciudad Juarez, obsesión criminal

No estado de chihuahua antes chamado “ Paso del Norte” pola súa situación fronteiriza con EE.UU. Juarez é a cidade máis castigada pola violencia e asasinatos a mulleres. Pódese dicir que ocorren os crimes máis cruentos e bárbaros semellantes aos dun campo de concentración preparado para o femicidio, un inferno en terras mexicanas, un holocausto sen igual que comeza en xaneiro do 1993 coa primeira vítima, a nena Alma Chavira Farel.
Dende ese ano máis de 300 mulleres foron secuestradas, violadas e asasinadas. A maioría das mozas eran; de ambiente pobre, obreiras, fisicamente miúdas e morenas. Todas foron agredidas sexualmente e morreron estranguladas. Moitas delas sorprendidas cando ían ou saían do traballo. Unha gran porcentaxe das mulleres tamén sufriron torturas e mutilacións antes da morte.
Existe un enorme misterio sobre os criminais. As detencións que se fan sementan moitas dúbidas sobre a eficacia da xustiza, parece ser que nunca deteñen ao culpable verdadeiro. O goberno parece máis preocupado en tapar os terribles sucesos que en esclarecelos, polo que a sospeita recae en persoas influentes; empresarios, políticos...
Ata cando teremos que aturar que insulten os dereitos humanos vulnerando o ben máis prezado, a vida. As mulleres seguen morrendo, soterradas por unha total impunidade e os verdugos continuan arrebatando vidas agochados na escuridade permisiva.























rosanegra e Cruz Martínez

terça-feira, agosto 28, 2007

MAMILO

Da sede percorre um corpo Filtro de sal

Pára

Equinócio da graça
Anota em gema e coco
Um vaso de porcelana

Deixa-se vazar tranquilo
Al com al
...almente, o fósforo.

Maleita o puro
náusea mal
e não sabe do

isso jorra
um hálito intranquilo
e vermelho

a sal com sal e leite.

Aurelino Costa

Do livro: Na terra de Genoveva

sábado, agosto 25, 2007

CASA - MUSEO Ramón del Valle-Inclán


Ramón José Simón del Valle Peña, coñecido no mundo literario como Ramón del Valle-Inclán, autor de: Sonata de Otoño, Romance de lobos, Tirano Banderas...
Naceu o 28 de outubro de 1866 en Vilanova de Arousa (Pontevedra) o lugar do nacemento foi a Casa do Cuadrante, sita no casco antigo desta vila mariñeira. Na que o escritor, aínda neno, miraba pola xanela cara o xardín e escoitaba historias de santos, almas en pena, trasnos e ladróns que lle contaba a vella doncela Micaela a Galana.

Neste espazo cimentouse o seu futuro creador, nos escenarios que reflicten imaxes antergas e falan da súa infancia.











rosanegra e Cruz Martínez

terça-feira, agosto 21, 2007

rosanegra


Ficou perdido no espazo-tempo
E percorreu os recunchos
do pequeno plano paralelo
Buscou nas 1001 noites
as verbas transformadas
Na etapa orgánica-inorgánica...
Fuxiu, ben sei que fuxiu
Cara ao outro lado da lúa
Para ollar o vagalume
Agochado, detrás del

domingo, agosto 19, 2007

O CALEIDOSCOPIO

Tamén coñecido como A COVA DOS RATOS na rúa Romil. Foi o lugar do encontro, da festa de benvida do noso benquerido amigo Pepiño que volveu da Gran Bretaña.









E que me din da comida... deliciosa!!!



Un saúdo para os amigos da Cova.






Cruz Martínez e rosanegra

quarta-feira, agosto 15, 2007

Vello lobo de mar

Ao meu amigo Gaspar


Vello lobo de mar
Que ollas o horizonte
Coa ollada fría e húmida
Coma tempano de xeo.
Mil historias cruzan a túa mente,
Mil lembranzas,mil aventuras,
Mil travesías polos sete mares
E un amor en cada porto,
Unha semente en cada marea
Que recolleras na túa terra.
A túa muller,compañeira,amante,
Que espera impaciente
Cultivando a leira
E no seu ventre a túa semente
Que agromará previo a túa cegada.
Vello lobo de mar,
Fuches co vento
E volviches coa miseria.
É o teu signo e o signo dos teus fillos.
Neto e fillo de mariñeiros,
Pai e avó de mariñeiros,
Esgotaredes a vosa vida apegados
A unha gamela.


O cabalo do malo

sábado, agosto 11, 2007

achegada Rut

Dentro quedaron augas que xa non podes extraer
mananciais mortos que deixarei correr para que non se convertan en pozos negros /
arelas para tirar no papel reciclado
Correntes de desexos
......... pernas nus
................... pés explorando orografía no teu pantalón
mentres Godard cuestionaba a Nane nun cine de verán

Estaban por vir as espirais de buracos que conectan coas estradas do gusto /
quedaron futuros ancorados nas follas de árbores caducas /

Agora que o penso
o noso foi unha brazada de ocos por encher
........ un guiñol de pretensións non compracidas
Agora que sento
dóenme os nocellos de tanto estar no bico dos pés
sempre estabas máis alá de onde alcanzaban os meus dedos /
protexendo de incertidume a túa decadencia
........ no linde entre os símbolos e a publicidade enganosa /


....................................... Rut Patiño

quinta-feira, agosto 09, 2007

Cruz Martínez


Mírasme
os teus ollos entran en min coma lóstregos ardentes
..............................................................estremezo, tremo
Síntome fráxil, os tímidos roces chispean
estoupan paixóns xigantes
esmorezo, contúrbame o arroallo de amor
que me tes adxudicado
Debuxo bocexos na túa boca e infindas cóxegas
ruben, lamben os vans, a caluga, o ventre
e ámote mainamente ao teu carón pérdese
.............................................mesmamente o tempo

Porque mírasme
os teus ollos entran en min coma lóstregos ardentes
.....................................................e sinto que son túa soamente

segunda-feira, agosto 06, 2007

A Romaría Vikinga en Catoira











Onte día 5 de agosto estivemos en Catoira.
Mesturámonos cos milleiros de persoas que alí había e participamos dunha boa troula.

Cara as 13:00 horas houbo o Desembarco Viquingo, nós estabamos a carón das Torres de Oeste, esta escena fixo maxia e transportounos a outro tempo...
O día viviuse de forma intensa e con ledicia.

Esta romaría celébrase dende o ano 1960 e foi declarada de Interese Turístico Internacional.









Cruz Martínez

sexta-feira, agosto 03, 2007

ISTO É UN POEMA E HAI XENTE DETRÁS



O Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea 2006 sacou este libro á luz. Un II volume que recolle o segundo e terceiro premio xunto con tres mencións de honra ( Lucía Aldao, Brais González Pérez, Ledicia Costas Álvarez, Alberte Momán Noval e Verónica Martínez Delgado) uns mozos e mozas de gran sensibilidade poética. Animo a todos a que lean este poemario. Nel pódese observar 5 voces distintas, con diferentes formas de ver a vida e de ver a poesía.

Non podo rematar sen facer unha dobre mención de honra ao noso compañeiro e amigo Alberte Momán. Un poeta de corazón que fundou connosco " A Porta Verde do Sétimo Andar":

" de ter un can

chamaríalle guengis

Como se non tivese mellor que facer

como se non tivese que facer

en absoluto"...

Alberte Momán Noval

FRAGMENTO: DE TER UN CAN CHAMARÍALLE GUENGIS. Mención de honra PREMIO GZCREA DE POESÍA 2006

rosanegra