segunda-feira, setembro 23, 2013

Presentación de NOITE~DÍA en Vigo!

O compañeiro Alfonso Láuzara Martínez presentou o seu libro de poesía erótica "Noite~Día" o pasado sábado 21 de setembro na Cova dos Ratos, que se encheu de amizade e poesía. Foi emocionante ver coincidir alí no espazo entrañábel da Cova a persoas que foron a primeira cerna de A Porta Verde con algunhas das mellores 'fichaxes' recentes, pasado e presente cando aínda hai futuro! O acto foi introducido polo compañeiro Miguel Ángel Alonso Diz, que destacou o marcado perfil colectivo do autor no espazo de A Porta Verde do Sétimo Andar, cun discurso breve e moi emotivo con brincadeira incluída. A continuación tomou a palabra Alfonso Láuzara para falar un pouco sobre o seu Noite~Día, con especial referencia á portada e ilustracións da artista portuguesa Elisabete Pires Monteiro 'Bebeth', e tamén ao limiar da escritora galega Rosa Enríquez; despois ofreceu un intenso recital de boa parte dos poemas do libro que durou ben unha hora, acompañado das ilustracións que se podían visualizar simultáneamente nunha gran pantalla, todo nun fermoso e sinxelo escenario creado para o xogo en contraste da sombra e da luz. Na fermosa decoración do local foi importante tamén a colaboración de Manuel Cerviño, pintor galego de Bueu que prestou xenerosamente varios dos seus cadros para expor no evento. E aínda antes de rematar a agradábel sorpresa do caro compañeiro Manolo Pipas e do sempre ocorrente Fernando Miranda de Bueu, con senllas intervencións espontáneas. Foi un acto sensacional! Grazas a todas e todos pola vosa asistencia e apoio, e grazas tamén ás rapazas da Cova dos Ratos polo seu xeneroso e magnífico traballo. E parabéns por ese Noite~Día! 

Portada do libro con pintura de Bebeth

Imaxe do escenario para a presentación

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Aspecto da Cova minutos antes de empezar. Ambientazo!

Miguel Ángel Alonso Diz, introduce o acto

Simpática brincadeira do Forxador!


Unhas palabras do autor sobre "Noite~Día"

Na pantalla: imaxes das ilustracións do libro

Xogo en contraste de sombra e luz

Introducindo cada poema ao recitar

Comunicando co público

En pleno recitado de poemas

O autor dirixíndose ao público

A sombra do autor... A luz da Artista na tela...

Recitando poemas do libro...

Ante un público entregado!

Recitando os últimos poemas da noite!

Intervención do compañeiro Manolo Pipas

Entusiasmo no público. Abilio, Luís e Fernando.

Intervención de Fernando Miranda, sempre ocorrente!

Dedicando un "Noite~Día" ao amigo Virgilio Liquito

Dedicando e asinando exemplares...

Fermosa imaxe ao remate do acto en amizade con: Harney Díaz, Alfonso Láuzara, Ruth Villar, Orisel Gaspar e Miguel A. Alonso.

Todos os cadernos Q de Vián.  
A familia do Noite~Día!
 

Sem comentários: