sábado, setembro 22, 2012

Os bolechas na tvg





Ola amigos!
A partir do luns, 24 de setembro, poderedes gozar das nosas aventuras a través da Televisión de Galicia.
Os seis irmáns, Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o noso can, Chispa, estreamos serie na televisión pública galega. Os programas poderán verse dentro do Xabarín Club na G2, de luns á xoves á hora do almorzo e da merenda e os sábados pola mañá.
E para ir abrindo boca, entra na nosa canle de youtube para ver o noso vídeo de presentación :)
Vémonos na tele!
 
Saúdos,
A familia Bolechas

Sem comentários: