quarta-feira, agosto 25, 2010

Un poema de Fabián Barreiro

.
I

Houbo alguén, nalgueres
que se propuxo exaltar a paisaxe
del tal xeito que enmudecería o son.

Houbo alguén, nalgures
que non coñecía o medo.


II

Agardou paciente un outono de ton laranxa
marmelada de amorodo no ar
maina marea vermella alfombrada
que acariña os outeiros dos nosos reis

Luar e orballo precederon as brétemas
¿Cómo non ha ouvear o lobo
se o frío lle queima as súas febles patas
tornándose a escoitar ao lonxe?

Medrou a esperanza nas lindes,
do home que quixo facer da primavera
unha agre docura, un vieiro celestial
cara aos comezos dun sentimento.

Non lle asolegou dúbida narrativa algunha
a pesares da asertividade dos seu vagares
non tiña medo de esnaquizar a ialma
e fuxir despois alén do ceo
seguindo o ronsel da ave maxestuosa

O son lacónico de quen transmite
unha mensaxe leda e bailábel
axitando as ás tras das andoriñas

E fuxiu.


III

Vírono alá pola Lombardía
E sempre por onde pasaba
Un abraiante esplendor quedaba gravado
pagando a peaxe por existir

Quixo entón deixar de escribir
e deuse a liberdade de cadaleito
Acivro ou carballo, tanto tivo, porque
endexamais lle temeu a vivir.

.
............ - Fabián Barreiro -
.

Sem comentários: