Dentro quedaron augas que xa non podes extraer
mananciais mortos que deixarei correr para que non se convertan en pozos negros /
arelas para tirar no papel reciclado
Correntes de desexos
......... pernas nus
................... pés explorando orografía no teu pantalón
mentres Godard cuestionaba a Nane nun cine de verán
Estaban por vir as espirais de buracos que conectan coas estradas do gusto /
quedaron futuros ancorados nas follas de árbores caducas /
Agora que o penso
o noso foi unha brazada de ocos por encher
........ un guiñol de pretensións non compracidas
Agora que sento
dóenme os nocellos de tanto estar no bico dos pés
sempre estabas máis alá de onde alcanzaban os meus dedos /
protexendo de incertidume a túa decadencia
........ no linde entre os símbolos e a publicidade enganosa /
....................................... Rut Patiño
1 comentário:
amiga Rut,agardo que haxa máis colaboracións túas. Unha aperta
Enviar um comentário