sexta-feira, maio 25, 2007

O berce guanche de Tenerife

En La Orotava, unha fermosa vila de boas xentes situada no oeste da illa de Tenerife, atopei o sentimento canario máis profundo e vencellado á terra, o xenuíno espírito indíxena dos guanches. Ese digno sentimento maniféstase na rúa cunha meritoria expresión artística. Reivindican así o recoñecemento da propia cultura tan desatendida nas institucións. E deste xeito alternativo procuran tamén o coñecemento popular da cultura guanche, que é todo un lexítimo dereito de seu do pobo canario.
Dende A Porta Verde, vai o noso apoio solidario de irmandade para esta iniciativa necesaria, pois @s galeg@s tamén temos experiencia en xustas causas semellantes. Parabéns e ánimo avante!


Defendamos a nosa cultura

“Nuestra cultura no se enseña en las escuelas.
Nosotros la enseñamos en las calles.”


PINTADERAS DE TAMARÁN
Tamarán: nome pre-colonial de Gran Canaria




......... Alfonso Láuzara

Sem comentários: