terça-feira, abril 25, 2006
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
José Zeca Afonso
rosanegra
domingo, abril 23, 2006
sexta-feira, abril 21, 2006
Polución no teu cimeterio
na cinza diluida na auga escura do meu froreiro.
Pasa o tempo coma o trafego sanguíneo
de arterias aforcadas en tolemias grasentas
desasistidos miserábeis en crucifixións verdes
nos dominios de grandes corazóns enfermos,
respiracións entrecortadas i exaltadas
cando os teus ollos húmidos perden soño en destellos
e asoman asedios de pipas ereitas
sobre das insinuacións marelas nas tebras
de patrias supostas no teu corpo verdescente
porque te venden, porque perdes monte
porque te quero verde mancomunada
porque te busco saudábel entre brétemas siniestras
e non sei se acaso te atopo nun ponto cativo
perdido no medio da Ría que agarda
a que moitos en recuperalo perdan a vida;
mais eu sempre te desfruto enferma
e gosto de verte universal redivida
no meu exceso volcánico de exaculación ideolóxica
porque te quero fodida antes que morta de medo
porque te rego de esperma curado de arrepío
porque cómpre saca-lo terror das tombas
nas que copulamos envenenados co tempo;
porque te alugan en nichos comunitarios
porque a cuota láctea non te enche o ventre
porque te tiran en fosas miña amada rubia galega.
Pero medrarán na polución dos cadavres as serpes
coma a semente, miña amada, coma a semente.
O povo é quem máis ordena, no mar e na terra
e tamén no pubis da matria nos cimeterios.
E ti, xuntacadavres, nada sabes destes misteres
mais as tebras chamarán por ti encantadoras
cando encendamo-la utopía no ultraista burato negro
onde amamos ó demo de pirola rabela e cornos alleos.
...... Os tempos son chegados, querida,
...... pro meu deleite no teu ventre de inferno.
Alfonso Láuzara
quarta-feira, abril 19, 2006
Mahmud Darwish, poeta palestino.

A necesidade de “inventar”
o soño e a esperanza.
Mahmud Darwish considera falsa a chamada guerra das culturas. Cre que a cultura internacional é unha mestura de todas as culturas que a formaron, e que estas culturas deberían seguir mesturándose e intercambiando ideas para formar esa cultura internacional que todos queremos. Parécelle triste que moitos consideren o extremismo coma unha raíz da cultura árabe.
Declara que quizais algún día medrarán as violetas nos cascos dos soldados; e aínda que a esperanza non estea á vista, debemos inventala; aínda que o soño de ter un mundo mellor está moi lonxe, debemos inventalo. Para Darwish a poesía loita contra a guerra con instrumentos que non son de guerra, pois se a poesía entrara realmente nunha batalla aberta contra as armas, perdería. Se a poesía sofre un ataque aéreo, debería escribir sobre a beleza das herbas porque a herba rexenérase en cada estación. Esas plantas son pois logo máis fortes có aceiro. A voz da poesía é a voz das herbas e non a voz dos avións ou das armas. A poesía loita contra a guerra con instrumentos coma o amor e a beleza. As herbas sempre gañan ao final. En cada rincón deste planeta houbo guerras e os tanques destrozan cultivos, mais aínda así atopamos que as herbas e as flores medran. Esa memoria debería de calar moi fondo no interior do noso ser. O poeta ten que ser moi fráxil e realmente moi simple. A forza da poesía reside na fraxilidade do poeta.
terça-feira, abril 18, 2006
Xa son 5000 visitas!!
Alfonso Láuzara, Cruz Martínez, Luís Viñas,
Enviamos un saúdo con moito afecto
segunda-feira, abril 17, 2006
Repichoka
Foto: A gata na xanela de Cruz MartínezImos celebrar unha repichoka poética canda os nosos amigos da Cova dos Ratos o vindeiro día 21 no seu local coa intención de rememorar aquelas antigas reunións no mesmo emplazamento, e onde algúns dos componentes da actual portaverde se coñeceron e compartiron palabras por vez primeira.
O recital é aberto a quen queira subir e acompañarnos coas palabras e a esperanza, estará con nós Manolo Pipas, compa entrañable agora coa alma en Oaxaca.
¿A qué hora? Ás 21:30
¿Enderezo? Romil 3, Baixo.
Agardámosvos.
domingo, abril 16, 2006
Leda e o cisne

sobre a femia que treme, a caricia na coxa
das palmas escuras, a caluga presa do bico;
o peito inerme é xa o seu peito.
¿Cómo os dedos en tremor poderían afastar de si
á divindade enxoita en plumas desas súas coxas entreabertas?
¿E cómo pode o corpo enfronte dese tan branco arroubo
non sentir na cima do peito o latexo alleo?
Estremece o corpo todo e enxendra
o muro derrubado, o teito, a torre en lapas,
morto Agamenón.
Baixo o trance suxeita polo sangue etéreo do aire
¿recibiría a rapaza algo de ciencia do poder dese bico
aberto na distancia?
quinta-feira, abril 13, 2006
Cruz Martínez

Unha viaxe a Oviedo. A cidade e a estatua que lle dedicaron a Woddy Allen inspiraron este poema.
É un día gris de outono
As rúas amosan un brillo que semella
unha lanterna acesa no canto dunha porta
Chove, e a humidade intérnase nos ósos
amodo
Percorre coma unha caricia nuns ollos ávidos
de formas
é visión de láminas grises que invaden
unha memoria
Liñas de edificios érguense coma árbores petrificados
ataviados con follas de cemento
deseños de séculos conviven nunha paisaxe
que amorea liñas diversas nun lenzo
Os volumes gravitan no espazo
adquiren movementos de frescura
que se senten na pel
e o ollo paraliza a luz das avenidas
que trazan somnámbulos tapices nas xanelas
Na praza, a imaxe dun Woddy Allen quedo
chíscache un ollo
De repente, a realidade é un semáforo en verde
unha cabina
transeúntes con présa
Non obstante
a estatua do home fai análises de si mesmo
quarta-feira, abril 12, 2006
As Mãos e a Sombra

Louvor a Camus
...E veio Camus, na quietude, ao longe,
E semelhando um solitário monge,
Amante do silêncio e solidões:
Mundo se sonhos irreais e alados
Que fala, em tradição, de antepassados,
Do épico imortal, que foi Camões!
Ó paisagem idílica e serena
Que nos deslumbra a alma, como avena,
Que nos enchesse a alma de canções subtis!:
Camus, em luz de sonho adormecida,
Ao ver-te em quietude apetecida,
A nossa alma sente-se feliz:
...Porque é possível a felicidade
Nessa paisagem de serenidade
A. Garibáldi
Do livro: Voz Insubmissa ( Braga 2002)
O pasado nas horas
a que esquezas o meu silencio
pero non deixes de amarme nunca
na miña ausencia
.......... ás veces permanente
tamén te amo
en silencio
como sabes
......... ou non
Alberte Momán
(Premio Rosalía de Castro de Cornellà)
terça-feira, abril 11, 2006
"MAR ADENTRO" ¡the best!
"Mar adentro" conmove no Xapón e convértese na cinta española (cuasi-galega) que máis recada.segunda-feira, abril 10, 2006
UN CEMITERIO DO IMPERIO ROMANO
No xornal “ 20 minutos” do 28 de marzo. Puiden ler un artigo
Esta cidade en si mesma agocha tesouros arqueolóxicos de gran
Segundo explican; poida que a ara pertenza a emigrantes
Logo desta reflexión, eu pregúntome…
rosanegra
domingo, abril 09, 2006
Dedos homicidas
sentirás un fugaz calafrío,
un belisco na alma
e un nó desatándose cara os adentros.
Escoitarás ouveos, máis alá, na outra beira,
chapúceo de remos,
e unha man que arrima un pálido candil
ao teu rostro invítate a embarcar
-non esquezas a tarxeta de crédito, cambiou
moito a nosa mitoloxía.
Cando baixes a garda, chamará a túa porta
con furtivos cotenos de néboa
e pronunciará o teu nome
coa voz entalada dos seres de ultratumba.
É doado.
............ As parcas poden equivocar o fío,
enredar as madeixas, e a errada tesoira,
predestinada para o teu veciño,
ao pigmeo que carga hábil a súa cerbatana
no medio da selva,
........................... curte, sen máis, a túa.
Tantos séculos tecendo e destecendo
derivan en artrose, en dedos homicidas.
Rafael Viñó
sexta-feira, abril 07, 2006
REGATO (Salmo fluvial)
na palma
da miña man,
pabío de auga,
e tanxes na túa canora veta
a melodía clara
do corazón.
.................. Entoas
o asubío cumprido
do labrego
tras o seu honesto labrantío;
apertas os dons que ofrece a terra
e os coces a lume virxe,
estrela
derramada,
espora do aire
Teu vén sendo
este instante coreado
á medida do noso andar,
ao son da aurora.
Ao correr do teu curso
pola túa precipitada prata,
vas gran a gran,
......................... peneiras
a encambrada pebida
que aínda somos,
que rola cara a nada.
Telmo Fiz
quarta-feira, abril 05, 2006
Deartháireacha (Irmaus)
Ní aithním iad. Is coimhthíoch liom iad.
Ach tusa, atá i bhfad i gcéin,
thar gaineamhlaigh, thar locha,
thar machairí, thar oileáin,
mar dheartháir a labhraim leat.
Más leatsa m`oíche,
más é do gholsa a ghoileann mo shúile,
más mar a chéile ár dhá scread,
mar dheartháir a labhraim leat.
Cé nach ionann ár bhfriotal,
agus tusa gorm, mise geal,
más cosúil ár gcneácha,
mar dheartháir a labhraim leat.
In ainneoin a bhfuil de theoranta,
in ainneoin ballaí agus claíocha,
más ionann ár dtaibhrimh,
mar dheartháir a labhraim leat.
D`aon tír amháin sinn,
aon choimheascar amháin againn beirt.
Seo dhuit mo lámh,
mar dheartháir a labhraim leat.
Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao gaélico irlandés
Pola irmandade galego-irlandesa!!
Guinness is good for you! Saúde!
terça-feira, abril 04, 2006
VOLVER: Pedro Almodóvar e Carlos Gardel
No último filme de Pedro Almodóvar tres xeracións de mulleres sobreviven ao vento solano, ao lume, á loucura, á superstición e aínda á morte a base de bondade, mentiras e unha vitalidade sen límites.
domingo, abril 02, 2006
soños de ultramar

Sen gravidade
a mañá entra pola mar plena
enche a praia en coito cíclico
e deixa soños rotos de ultramar
ánforas moídas en arxila redonda
todas as lembranzas sementadas
na baixamar, neste olvido permanente
cada anaco é fragmento dun seísmo antigo
faragullas nostálxicas
portan a palabra que foi dita
para repetir aquí a vida nun vaivén
serán os outros que nos lean
en abril.
Luís Viñas
sexta-feira, março 31, 2006
Detalles de loispunto
quarta-feira, março 29, 2006
A TARARA
a Tarara, non;
a Tarara, moza,
que a vin eu.
Leva a miña Tarara
un vestido verde
cheo de volantes
e de cascabeis.
A Tarara, si;
a Tarara, non;
a Tarara, moza,
que a vin eu.
Luce a miña Tarara
a súa cola de seda
sobre as retamas
e a herbaboa.
Ai, Tarara tola.
Move a cintura
para os mozos
das olivas.
Federico García Lorca
(versión ao galego)
terça-feira, março 28, 2006
Cruz Martínez
Esváranse ladaíñas nos recunchos dun alma febleCínguese o crepúsculo no peito
Firen as xeadas apertas
Das terribles ausencias
Síntese a certeza dun caos que regresa
Onda ti, na media noite
E sabes
Que as lembranzas percorren os soños
Cando dormes
E fan da morte un acto certo
Quixeras ter alzheimer
Pasear polos corredores da ignorancia
Que mágoa, non ter algunha maña
E cambiar o texto deste guión dramático
Do mesmo xeito que cambias as bragas
Que mágoa non ser personaxe
Dun filme de Almodóvar
Onde o drama é consecuencia, visión
Dunha pantalla
Mágoa
sábado, março 25, 2006
Manolo Pipas
sexta-feira, março 24, 2006
A Reconquista do Casco Vello!
quinta-feira, março 23, 2006
Aportaverde...?
Espazo creativo net@mente galego.
Aportaverde é un espazo aberto á creación que cada día se renova e onde ten cabida a poesía, a pintura, a fotografía... e calquera outro contido de interese cultural. Se queres participar ponte en contacto con nós a través do correo aportaverde@gmail.com .
Cada venres, a partires das 11 da noite,
terça-feira, março 21, 2006
Un dragonciño vigués

O artista ourensán afincado en Vigo, Xaime Quesada manifestou que é unha homenaxe aos poetas que escribiron en galego. Unha especie de fada montada sobre un pequeno dragón, "que é a especie que disque sucaba a ría baixo as augas, de carácter moi tímido e probabelmente foi vista polo Capitán Nemo cando describiu a bahía de Vigo como a máis bonita do mundo". Esta obra fantástica quere inmortalizar en Vigo a memoria de Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo e Paio Gómez Charino, poetas trobadores que cantaron as excelencias do mar de Vigo e merecen un lugar destacado na memoria da cidade.
domingo, março 19, 2006
UN PINTOR MUY ESPECIAL

Yo lo llamaría “el pintor tranquilo”. Lo último que sé de él es que, yendo estos días nevados a Madrid a una exposición que tiene por allí itinerante, subió en su Chrysler de los años 70 todo el sinuoso Alto de los Leones del que todo el mundo huye, despreciando el túnel del Guadarrama, para sentir el placer de la naturaleza nívea. Él va a su ritmo aunque todos tengan prisa y, sin embargo, no deja de exponer ni de vender. Por alguna razón, las salas institucionales le abren las puertas de par en par, sobre todo de las diputaciones. Hablo del vigués de adopción Diego de Giráldez, un tipo singular del que ya dije una vez que tiene por alimento muy habitual y preciado las latas de conservas, y no por ahorro sino porque le placen. Tiene, además, otra manía: los coches de época. Que yo sepa, tiene dos Mercedes de los años 60, dos Chrysler de los 70, un 1430 y dos 124 (uno con motor 1430 y otro 1200). Sus coches son como su casa, llena de antigüedades, o su museo en A Cañiza, un antiguo cuartel de 4 plantas de la Guardia Civil. Lo de su casa (no su estudio,que tiene aparte), no tiene desperdicio. Su habitación tiene una cama con dosel y rodeada de objetos inesperados, desde un tocadiscos Dual Bettor de los años 60 a una báscula de museo. Es un tío raro, pero no tiene un pelo de loco y es siempre cordial, de buen humor. Debe ser porque hace lo que quiere. Y, como no para de exponer, ahora le toca París.
Ana Cibeira
III
...quería rezar ata que non quedase máis que o sol e un diccionario de peto.
Comendo pan quente e bebendo leite
a felicidade fráxil e pasaxeira
fixo a súa casa entre as silvas e as flores con venres pola noite,
citas en Ulloa,
piscina os mércores, excursións e segredos
de licor corenta e tres con vodka,
pero sempre hai un pero
e esta vez foi un animal viscoso
chegou saltando de nenúfar en nenúfar
querendo atragantarse coas miñas mentiras
xuroume:
vas ver un montón de min
son un príncipe queimado
no meu reino houbo tres incendios
no primeiro, vin desaparecer a miña nai entre as cinzas,
eu era tan pequeño;
no segundo, unha a unha as miñas concubinas
convertéronse
en chamas e querían levarme con elas;
do último fuxín, ata que nos atopamos;
sufrín o lume, mais non coñezo o amor.
Un bo día decidín baixa-la garda e achegueime para bicalo.
Ó pousa-los beizos naquela viscosidade
converteuse nun sapo,
entón souben que os saquiños de lume, eran bolboretas
que as bolboretas,chamas
e así concubinas deste meu sapo traidor.
Foi entón cando decidín
facerme armar cabaleira andante.
Comezou a guerra non declarada.
[ De Diario dunha burguesiña algo masoca..Feliz e Sangrando, 1999, Inédito]
sexta-feira, março 17, 2006
San Patricio
quinta-feira, março 16, 2006
Día marrón
DÍA MARRÓN
Marronea óleo oeste
Isobara mar rodea
Ollo meniña ollo negro
Luxación continental doenza
Ollo morte Galiza borrasca
Mapamundi frío roto en pezas
Ovo fritido golfo ferve
Porta escura ollo fiestra
Ollo terra ollo mar rodea
Horizonte piche litoral occidente
Sen sol gasóleo sol oeste
Mar de ron hoxe en día marrón.
Alfonso Láuzara
(o ciclo da inspiración)
segunda-feira, março 13, 2006
Presenza
domingo, março 12, 2006
A Porta Verde en A Ghaita Ghrileira...
sexta-feira, março 10, 2006
Mes frères (Irmaus)
Je ne les connais pas. Ce sont des étrangers pour moi.
Mais à toi qui te trouves loin là-bas,
au-delà des deserts et des lacs
au-delà des savanes et des îles
je te parle comme un frère.
Si ma nuit est la tienne,
si mes yeux pleurent tes larmes
si nos cris sont les mêmes
je te parle comme un frère.
Même si nos mots sont différents
et toi, tu es noir, et moi, je suis blanc,
si nos blessures se ressemblent,
je te parle comme un frère.
Par delà toutes les frontières,
par dessus les murs et les palissades
si nos rêves sont les mêmes,
je te parle comme un frère.
Nous avons la même patrie,
la même lutte, tous les deux.
Je te donne la main,
je te parle comme un frère.
Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao francés por Marisa Álvarez.
*** *** ***
Liberté, Égalité, Fraternité!!
quarta-feira, março 08, 2006
Cantiga para aventar a tarde
tarde,
sereno niño,
e sexa a túa luz
gonzo
neste mexerse limpo.
Lévanos do teu corro.
Vén,
aventa o restrollo
desta fraude,
canta doce e alleado,
ese teu ir romeiro,
ese teu andar descalzo
sobre a enlaxada de hoxe.
Das confianza,
....................... irmá tarde.
Vén,
ampáranos no teu colo
con sincero perdón,
bicando a bágoa feraz
do entusiasmo,
outorgando a túa cándida labor.
Dá a túa puntada
de indefensa luz,
vespertina fiandeira,
ganduxa a desmesura
do vento,
e esta costura
persevere
no descaro
de estar aínda vivos;
que o derrame,
que o mal purgue,
que o abure,
sexa a fin de ninguén
o que tamén houbo de ser de todos.
Telmo Fiz
terça-feira, março 07, 2006
rosanegra

Sabes, sinto que un vagalume alumea no meu interior
E facéndome cóxegas
Quéimame coa súa luz
A comunicación corporal dilátase e palpita
O meu interior rebélase e chámame á melancolía
Non sei, pero hai algo etéreo que me une a ti
A miña pel chama a túa pel
Mestúrase nunha nova beberaxe
E cunha lámpada acesa , escudriño, búscote
Nunha noite tan inmensa
Quizais sexas outra pantasma na miña noite
Que esvaece coa luz da mañá
Borrando toda pegada sen máis...
O Afonso da herba
segunda-feira, março 06, 2006
Cruz Martínez
Superan os límites permitidos pola lei
Cada día as inspeccións cometen deliberadas
.......................................................................infraccións
É preciso anular todas as normas
Escapar de confesionarios absurdos
Descolgarse de eivas que infecten o pensamento
Liberarse do compromiso de aturar máscaras
que ás veces impiden ver a nítida falsidade dos
......................................................................afectos
Hai ocasións nas que observo e cavilo
..............................na sobredose de lerias
Na ficción indocumentada que se nos vende
Non obstante
un solo resoa na escuridade
prendido no acorde dun alfinete
Talvez dea coa nota, aínda que pareza lonxincua
e abrace a razón das ideas no neboeiro reflexo
.......................................................dun ollo de vidro
domingo, março 05, 2006
Abilio Rodriguez
E gaña-lo zume
de entre as cóxegas
a da alma.
sábado, março 04, 2006
A cea das 4000 visitas!
Alfonso Láuzara, Abilio Rodríguez,
quinta-feira, março 02, 2006
Tentativa
Era setembro, viva
aínda na memoria
quedou a oculta pegada,
o cheiro a vide e sombra.
Eras un neno, entón,
de ollos inquedos, outra
esa mirada e o momento
que fuxe hoxe entre as follas
daqueles patriarcais
castiñeiros sobre a orla
do camiño; ruxía
ao noso paso a rugosa
e marela follaxe,
espantado esas rolas
agochadas nas silvas
- un alento de as soas
azoutou a pel do aire.
Advertencia do aroma
murcho daquel outono
eran as cepas novas
e a dozura enxoiada
dos acios, e das follas
esparexidas; a luz
recollida e piadosa
daquela única tarde.
Cifra vana que rolda
a túa infancia aquí,
nestes versos de sombra,
entre as fauces do tempo
que, calmo, nos devora.
Rafael Viñó
terça-feira, fevereiro 28, 2006
EIS A CUESTIÓN
Eis a cuestión, meu amor...
¿Colocou o Concello máis luces na cidade
ou pasa que eu as vexo a pares?
Luces, voces, ruidos, estrelas e cascos de cervexa.
Achégome no Casco Vello a mascar un bico de mugre
Contente ..... na caixa nova de música e burbullas
de couldina, ron cubano e pratos combinados
alimentando caries de cine negro
famenta de empastes gratis e sen dor
enfrascada nun intercambio solidario
exquisitamente vacteriano.
Inxesta alucinóxena de cuspe ardente
vaise apurando a noite indecente
para navegar perdidos na fría madrugada
e deitarse ó fin dun canto pirata
despois dunha triste mascada.
Pasa que te vexo e non te vexo
e non sei se eras tan dura en coiro negro
ou me matas agora de terror desarmada de envoltorio.
Ainda non sei se foi para entrar ou sair da cama
cando ollei a barra dando unha volta de campana.
Esperto pola mañán en bragas negras
enforcado cunhas medias negras nos cabezais da cama.
Pasa que este 29 de febreiro escomenza macabro.
Pasa que non sei se merezo vivir un Oito de Marzo.
Eis a cuestión... ¿Que me queres, amor?
............... - Alfonso Láuzara -
segunda-feira, fevereiro 27, 2006
Cesaria Évora
Esta muller de sesenta e cinco anos cantou nos bares e nos barcos, vendeu tabaco, abandonouse ó alcol, sempre cos pés nus sobre as rochas da súa illa, e seguiu a cantar as penas e a soidade ata que foi recuperada, xa con case cincuenta anos.
Agora comparte a tristeza profunda, a alegría melancólica, con todos nós a traveso dos seus discos.
domingo, fevereiro 26, 2006
BREUDEUR (Irmaus)
N´anavezan ket anezho. Din-me int estrenien.
Met dit-te zo pell du-hont,
En tu all d´an dezerzhioù ha d´al lennoù,
En tu all d´ar savanennoù ha d´an inizi,
Evel d´ur breur e komzan dit.
M´eo dit-te ma nozvezh,
Ma sav da zaeroù em daoulagad,
M´eo heñvel hon huchadennoù,
Evel d´ur breur e komzan dit.
Daoust d´hor gerioù bezañ disheñvel,
Ha te du, ha me gwenn,
M´eo heñvel hor gloazioù,
Evel d´ur breur e komzan dit.
Dreist an holl harzoù,
Dreist ar mogerioù hag ar peulgaeoù,
M´eo heñvel hon hunvreoù,
Evel d´ur breur e komzan dit.
Ma´z eus ur vammvro voutin dimp-ni hon-unan,
Ma´z eus ur stourm voutin dimp-ni hon-unan.
Ma dorn a roan dit,
Evel d´ur breur e komzan dit.
Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao bretón por Natali Raoul.
A Porta Verde
sexta-feira, fevereiro 24, 2006
O siño Blas
quinta-feira, fevereiro 23, 2006
Os merdeiros de Vigo
terça-feira, fevereiro 21, 2006
rosanegra

Cando todo sabe a mazá
De nada serve esfolar a verba
Pronunciada no florecer dos tempos
Cando todo ule a tedio
De nada serve romper o tímpano
E achantar as gañas de morrer
Cando todo soa a ruídos teledirixidos
De nada serve escoitar a vida
Pasar entre os dedos
Cando todo deixa de ter importancia
De nada serve mirar ao mañá
E soñar
domingo, fevereiro 19, 2006
Pucho Boedo

Cantante da orquestra Os Tamara, foi fillo dun anarcosindicalista coruñés asasinado cando a Guerra. Foi o primeiro en recuperar a canción en galego en Suíza, e o primeiro que lles puxo son, dentro da música popular, aos versos de Curros, Celso Emilio ou Rosalía. Fanse vinte anos do seu pasamento.
O Vello e o sapo
Da aldea lonxana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.
Un vello, arrimado nun pao de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó pinar.
Vai canso; unha pedra topóu no camiño
e nela sentóuse pra folgos tomar.
-¡Ai! -dixo-, ¡qué triste!¡qué triste eu estóu!
I on sapo, que oía,
repuso: -¡Cro, cro!
¡Ás ánemas tocan! ... Tal noite como ésta
queimóuseme a casa, morréume a muller;
ardéume a xugada na corte, i a besta,
na terra a semente botóuse a perder.
Vendín prós trabucos bacelos e hortas
e vou polo mundo de entón a pedir;
mais cando non topo pechadas as portas
os cans sáienme a elas e fanme fuxir.
- Canta, sapo, canta; tí i eu ¡somos dous! ...
I o sapo choroso,
cantaba: -¡Cro, cro!
Soliños estamos entrambos na terra.
mais nela un buraco tí alcontras i eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
i a min as entranas i os ósos me rón.
Tí, nado nos montes, nos montes esperas,
de cote cantando, teu térmeno ver;
eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
e morte non hacho, si quero morrer.
-Xa tocan ... Recemos,
¡que dicen que hai Dios! ...-
El reza, i o sapo
cantaba: -¡Cro, cro!
A noite cerraba, i o raio da lúa
nas lívidas cumes comenza a brillar;
curisco que tolle nos álbores brúa
i escóitase ó lexos o lobo oubear.
O probe do vello cos anos cangado
erguéuse da pedra i o pau recadóu;
viróu para os ceos o puño pechado,
e cara ós touzales rosmando marchóu ...
Cos ollos seguíndoo
na escura estensión,
o sapo quedouse
cantando: ¡Cro, cro!.
Curros Enríquez
sexta-feira, fevereiro 17, 2006
Versos da outra campaña
o escarabello chiapaneco
deslizase
o caracol lacandon
avanza
o pinguino zapatista
Animais de paso lento
e seguro pues
Dende chiapas
varios corpos dan a cara
por la otra campaña
son descubertas caras
que traballan caladas
a cara que fala
vai destras do pasamontañas
Son cociñeiras blaseñas
nais e avoas e fillas son
son fillas da terra nai
nais duns presos sen razon
Son cociñeiras blaseñas
grandes potas colectivas
fan comidas para tod@s
que se coce autonomia
A viva memoria das zapotecas
a longa historia dos mixes
as escuras raices das chinantecas
as humidas cancions das ikoots
o duro camiño dos mixtecos
os bermellos huipiles das triquis
as ricas nubes dos oaxotecos
Manolo Pipas
Terras de Oaxaca 2-06
quinta-feira, fevereiro 16, 2006
A PORTA VERDE (foto)
AportaverdeA Porta Verde do Sétimo Andar:
(de esquerda a dereita)
Rosanegra (Rosa Martínez),
Cruz Martínez, Alberte Momán,
Abilio Rodríguez, Alfonso Láuzara,
e Luís Viñas.
(no café Lenda Moura, de Vigo - GALIZA)
Saúdos e agradecementos ao noso nutrido grupo de colaboradores e colaboradoras. A porta sempre está aberta. Pasade sen chamar!
quarta-feira, fevereiro 15, 2006
Na porta verde do sétimo andar
por la puerta verde del séptimo andar.
A todos los poetas que he encontrado
allí, entrando por la misma puerta.
Na porta verde do sétimo andar
hay un duende inquieto que me guiña un ojo
mientras yo me duermo y en mi sueño acojo
los versos que escapan queriendo jugar.
Estrella bohemia el duende me nombra
me invita a su juego de palabras quietas
el duende me mima, me ríe, se asombra,
y esa noche reposo serena entre poetas.
Hogar de bohemias y libres lecturas
pasas “Lenda Moura” por entre mis líneas,
rompiendo la ira de oscuras Erinias
envuelta entre sedas y tiernas criaturas.
Poemas, poetas; de ideas manojos,
creativas noches cual lunas de mar,
viernes que mis versos escuchas cantar,
en tu andar desnudo pasados cerrojos
O trasno do bosque que un ojo me guiñas
Y en horas de insomnio despacio me duermes,
inconcluso letargo donde espectros verdes
estremecen un suelo sembrado de viñas.
Si me pierdo deténganme al borde
del abismo donde quiera lanzarme
porta verde que mi infancia desborde
y a mi misma permita abrazarme.
De palabras gallegas me envuelves
en tu umbral me despierto y te canto
¡ay Galicia que tierna te vuelves
si me arropas sublime en tu manto!
Me recibes, me observas, me alojas,
porta verde do sétimo andar
en tu marco me quiero quedar
pues de mí ni de mí me despojas.
Que agasajo apacible recibo
de esos bardos que en tu puerta moran,
son tus versos el canto más vivo
que mis ansias cubanas devoran.
Orisel Gaspar
Vigo. Galicia. 2005
terça-feira, fevereiro 14, 2006
O AMOR
Magda Bandera
(magazine de Faro de Vigo – 12 de febreiro de 2006)
domingo, fevereiro 12, 2006
Ana Cibeira
II
...pero o número trece é un gato negro que se cruza entreaspernas,
ou algo peor, unha gata]
Antes dos trece non había gota de auga
despois da estación das chuvias medrou o bosco,
sucederon incendios provocados por guerrillas verdes
armadas e camufladas contra o exército de liberaciónos
inimigos, vencedores, arrebatáronme a tranquilidade
no val onde nacen os terremotos
críanse tremendas as serpes
e sangrei.
Atopeime con dedais no sitio das unllas
cunhas pernas tan peludas coma as das tarántulas
tiven que suxeitarme ao chan
mentres tremía o ceo
para recuperar a canción que me viñera á boca un día calquera:
teño un pecado de seda
morada e penitente
puntillas áureas
e enrugas verdes,
sentimentos de botón enchendo saquiños de lume
escondidos entre a carne
LA RALARA LAROOO ...
[ De Diario dunha burguesiña algo masoca...Feliz e Sangrando, 1999, Inédito]
Irmãos (Irmaus)
Não os conheço. São-me estranhos.
Mas tu, que te encontras lá longe,
para lá dos desertos e dos lagos,
para lá das savanas e das ilhas,
falo-te como um irmão.
Se a minha noite é tua,
se os meus olhos choram o teu pranto,
se os nossos gritos são iguais,
falo-te como um irmão.
Ainda que as nossas palavras sejam distintas,
e tu negro e eu branco,
se temos semelhantes as feridas,
falo-te como um irmão.
Para lá de todas as fronteiras,
para lá de muros e valados,
se os nossos sonhos são iguais,
falo-te como um irmão.
Ambos temos a mesma pátria,
temos a mesma luta.
Dou-te a minha mão,
falo-te como um irmão.
Poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro.
Traducido ao portugués por Joaquim Azevedo Mendes.
...................... *** *** ***
A Porta Verdepola irmandade galego-portuguesa!!
quarta-feira, fevereiro 08, 2006
PABÍO
a esmorecida chama
desta hora.
Prófugo
lume aliado no noso soño,
pabío delincuente
no noso transitorio errar,
onde pisar a terra da consolo,
de tan sincero e grácil,
onde se cumpre
o noso cometido
inacabable de tecer a dita.
Escánciache
a túa calor na cunca
da nosa recibida claridade.
Es burbullar
candente na saúde,
bágoa sen motivo,
mudo pranto
no colmado estupor desta apurada tarde.
¿Quen che prendeu a esca
e malgastas agora tanto afán,
legando a túa carne á penumbra?.
Hora xa de ninguén,
relampo efémero,
o teu lado tamén nos consumimos,
contigo cara a sombra,
contigo en desamparo;
e nos estremecemos
no apracible relente
de quen dúbida.
Telmo Fiz
terça-feira, fevereiro 07, 2006
Cándido
O palomo, coa gorra gris calada
e o record fumegante entre os seus dedos,
cantando con alarde de tanguista ,
fronte a prudente copa de garvey,
na barra do Marusía.
Escóitoo agora mesmo,
como se aquel verán se lle parasen
as agullas do reloxo nesa hora secreta,
co bater das cuncas,
pratos, e turistas suplicando unha tapa de polbo;
a súa desgarrada voz
entoando a Carlos Gardel,
e Adiós muchachos compañeros de mi vida…
Decátome agora que es o símbolo
de todos os homes,
o arcano marcado do naipe do destino,
que procuro salvar con escasa destreza do esquecemento. /
Rafael Viñó
domingo, fevereiro 05, 2006
ALBOR
nas túas meniñas,
o palpitante alento da miña vida.
.............. Sen sabelo,
............................. prendado durmo,
............................................. no fondo dos meus días.
................................. Como Sol que espera o albor
........................................... dos meus soños.
sexta-feira, fevereiro 03, 2006
rosanegra
quinta-feira, fevereiro 02, 2006

SE HABITARA EN TI POR UNHA NOITE
..................................................COMO O MAR
habita na rocha mentres sube,
iría-te facendo becho, samesuga, lontra ou lúa.
Tardaría todo o tempo dos bois ata chegar ao linde
e tí serías paso de cerva na sendistancia
da voz e os labios doces esbarándo-nos das maus
/fonemas blancos/
ata ergueita plenitude do sintagma.
Xosé Vázquez Pintor
do libro "Na vertical da noite"
Premio Cidade de Ourense 1989
quarta-feira, fevereiro 01, 2006
Cruz Martínez

O BEIZO ANSÍA LAMBER A ORIXE DA VERBA
...........................coma xelado de chocolate
..................................................nun cucurucho
Ensarillado na obsesiva reprodución
Vómitos incontrolables, hipérboles
..........................................metáforas
.................................sen pentagrama
e pérdese nos bares abertos á amencida
As noites, amantes fecundas
.....................a veces durmidas
estouran na aridez máis profunda e desolada
As curuxas anuncian morte
Morre aforcado co fío do móbil o frustrado poeta
Aquel que, ancorado nos febles valos da arrogancia
.........................................................................saboreou
..................................................................apalpou o éxito
no enganoso vidro de auga
que reflexa a súa imaxe coma a dun narciso
Mentres se celebra un velorio que a ninguén importa
......................................... ................................Expóñense
ofertas de ovos do país no supermercado de enfronte
Margaridas no inverno
Choven margaridas pequenas
moreas delas neste inverno
caen, descenden mainas, tenras
e tinguen a rúa dun branco intenso.
Xogan mozos e mozas na rúa
sobre o manto inmaculado de xeo
e o aire ateigado de margaridas continúa
trocando a imaxe de herba e cemento.
Tra-los cristais adormecen os vellos
que outra coma esta case non lembran
na humidade fría do noso inverno.
Chegou neste seco e frío inverno
unha primaveira de margaridas
divertida pros nenos, inmemorábel pros vellos.
Alfonso Láuzara
Un poema de Minus Bálido
Diapositívate e flúe
Disfruta do audiovisual
Da peceira coas cores
Fóra hai demasiada vida
Heroinízatecybersestea
Comunicación dixital
Proclama tecnolóxicamente:
Quero foie-gras desarrendado
Bolachas con azúcar glass
Desgasificadas;
Canto tardarán?
... pronto, prontiño
á volta da esquina
está a superficie,
alunizaremos en minutos
descorche o cava ou champagne
dése unha hidromasaxe
nun plis plas virá.
Din don... dín
Algo de non sei que?
Alcumado non sei canto?
Chamado cyber-bur(go)-bullía
Instalación e eternidade.
Máis alá estará o mar!!
Minus Bálido
domingo, janeiro 29, 2006
Espiral de SAÚL OTERO

ESPIRAL
Mitos da espiral que acollen
aos ratos do faiado dun fogar derribado
ás picadas traseiras de tempos idos
ao can de almorzos compartidos
ás vagonetas de traballo arxilento
ao porteiro Dorado con viseira
ás castañas quentes portal de metal
ás montañas de pó de carpinteiro
aos buracos de quentura a vista de paxaro
ás caixas de arxila con corda e molido duro
ás grandes costas de auga e rás
á secada en vertical
aos tixolos e galeóns
ás espiñas e lucecús dos carreiros esquecidos
á congostra postes calacús na luz da noite
aos caramuxos en espera dun amencer.
Saúl Otero, 2006.
ARXILOSA de Elvira Riveiro

Cando un se atopa cun libro como ARXILOSA de Elvira Riveiro non pode menos que recomendarllo a todas e todos os que buscan no poesía un latexo sincero e valente do sentimento, do vivido, unha búsqueda sen rebuscado artificio, sen máis dramatismo que a propia vida.
Nos versos de Elvira a poesía é espírito e materia feitos de palabra que agroma a cachón preciso e precioso, chea de cadencias que encerran a tenrura en texturas epidérmicas da arxila moldeada en sensacións. Son versos limpos, amasados de vivencias, orgánicos, telúricos, con ese erotismo das ausencias que deixa pegadas e fracturas.
Como di nun dos seus poemas : “poder prescindir da moderación” e digo eu, sen renunciar á beleza e a creación.
Luís Viñas
sábado, janeiro 28, 2006
Abilio Rodríguez
doces despistes dos que temos feito aquelas xuntanzas
e como un paxaro inquedo unha espera
nesa póla pronta e feble.
Deste xeito rimos.
E no chan unha serpe de cores vivas
desta sorte se dirixe sendo trenza de soños.
Nin seca, nin pausas,
que non te merezan.






















