sábado, maio 25, 2013

O Cullarapo Croque e A Nena, os máis vendidos en literatura Infantil-Xuvenil en galego!

Tal como indica Ramón Nicolás na sección Taboleiro do libro galego  do seu interesante blogue Caderno da crítica, na listaxe de libros en lingua galega máis vendidos na última quincena  (do 11 ao 25 de maio) elaborada coa colaboración de dazasete librarías moi representativas da Galiza: Casa do Libro de Vigo, Á lus do candil, Librouro, Andel, Couceiro, Pedreira, Cartabón, Aira das Letras, Trama, Torga, O Pontillón, Paz, Libros para Soñar, Sisargas, Lila de Lilith, Livraria Suévia e Carricanta; "O Cullarapo Croque" e "A Nena á que non deixaban ser feliz" d@s compañeir@s Miguel Ángel Alonso Diz (textos) e Luz Beloso (ilustracións) publicados ao abeiro de A Porta Verde do Sétimo Andar, figuran en e lugar dos máis vendidos en Literatura Infantil-Xuvenil. Parabéns!!!
E grazas a todas e todos vós polo voso xeneroso apoio!


.

Sem comentários: