O pasado xoves 30 de maio tivo lugar a presentación de "A Nena á que non deixaban ser Feliz" en Compostela, nun acto moi emotivo na entrañábel libraría Lila de Lilith. O acto foi introducido por Alfonso Láuzara como portavoz da porta, seguido dunha interesante presentación de Montse Pena Presas. Logo foi o autor do libro, Miguel Ángel Alonso Diz, quen tomou a palabra para falar do proceso creativo e dos valores do libro, acompañando a súa exposición de fermosas imaxes que fixeron moi presente o arte da brillante ilustradora Luz Beloso. Ademais foi especial a participación do cantautor galego Miguel Alonso con varias cancións e a poeta Iolanda Aldrei que encandilou ao público cun fermoso conto baseado no Cullarapo e A Nena. Foi sensacional! Grazas a tod@s!
Cartaz do acto
Alfonso Láuzara abre o acto
Miguel Ángel Alonso Diz, autor do libro
Miguel cede a palabra a Montse Pena Presas
Miguel A. Alonso Diz moi atento
Aspecto da Lila de Lilith en pleno acto
O entusiasmo do público
Montse Pena Presas e Miguel A. Alonso Diz
Miguel A. Alonso Diz e Montse Pena Presas
Miguel Ángel Alonso Diz
O cantautor galego, Miguel Alonso
Miguel Alonso puxo a nota musical ao vivo!
Un dos intres máis emotivos con Iolanda Aldrei
Sem comentários:
Enviar um comentário